miércoles, 27 de noviembre de 2013

Nacemento dunha nova illa en Xapón!

A nova illa foi orixinada pola intensa actividade volcánica e sísmica preto de Xapón , a illa está situada a uns 1000km o Sur de Tokio e ten aproximadamente uns 200 metros de diámetro. Pero según as autoridades esta pequena illa posiblemente desapareza baixo o nivel do mar. Nesta zona donde xurdiu a illa xa ocorreran antes fenómenos similares, esto é debido a que na zona hai unha forte tendencia a que choquen as placas tectónicas e tamén inflúe o Cinturón de Fogo do Pacífico.


miércoles, 20 de noviembre de 2013

Cal é a cor verdadeira do sol?

  A NASA mostra todas as cores do Sol, espectacular!   (Fai click na imaxe)
(Foto NASA)
             Aínda que vemos só amarelo ou vermello, o sol emite luz de todas as cores e a NASA decidiu mostralo.

Para este fin, fixo unha impresionante mosaico de fragmentos de imaxes do Sol capturadas por diferentes instrumentos especiais que permiten ver máis alá do rango visible ao ollo humano.

O Sol non só contén átomos de helio, hidróxeno e ferro, entre outros elementos, senón tamén varios tipos de ións. Cada ión pode emitir luz en lonxitudes de onda específicos, cando se alcanza unha certa temperatura. Deste xeito, as cores da estrela reflexionan a súa consistencia.

O motivo polo que nos vemos o Sol amarelo ou vermello é porque a atmósfera distorsiona a luz que nos ven do Sol facéndonos ver este cor.

martes, 12 de noviembre de 2013

As castañas en Galicia

Foto wikimedia

Comercialización da castaña e os seus derivados:


O ano pasado en Galicia recolléronse 15 millóns de kilos de castañas dos cales un 80% aproximadamente tivo un destino internacional.

Por exemplo en Xapón ou en Italia a castaña converteuse nun produto moi venerado para o consumo e a partir delas forman cremas, pasteles
(Marron Glacé), helados...

En Ourense, pese a ser unha cidade pequena con pouca industria existen dúas empresas que se adican a transformación de castañas en delicatesen coma o marrón glacé ou castaña en almibar, que se comercializa a nivel internacional.

 Aínda que en Galicia ten pouca presencia o seu consumo mais alá dos magostos. Hoxe en día hai campañas de promoción dos produtos autóctonos galegos coma as setas e as castañas nesta época do ano. Incorporándose nas receitas de cociña de autor cada vez máis de moda. 
                                                                  
Nutrientes que se encontran nas castañas e os seus beneficios:


  • Vitaminas: vitamina E (antioxidante que protexe células, tecidos e órganos) vitamina K (participa na coagulación do sangue e na fabricación de glóbulos vermellos) vitamina B9 (é importante para unha correcta formación de células sanguíneas e axuda na prevención da anemia).
  • Calorías: proporcionan a enerxía necesaria ao noso organismo para poder levar a cabo actividades físicas.
  • Minerales: calcio (é necesario pa manter os ósos fortes e densos) potasio (produce proteínas e controla a actividade eléctrica do corazón) magnesio (participa na relaxación e na contracción muscular).
  • Proteínas: permite construir tecidos que forman os nosos músculos.
  • Carbohidratos: azúcares (axudan o cerebro a desarrollar a súa actividade).
  • Aminoácidos: ácido aspártico (participa na desintoxicación do sangue e protexe o corpo das radiacións) ácido glutámico (axuda na pruducción de enerxía para o cerebro e a controlar o alcoholismo).

lunes, 4 de noviembre de 2013

Observación do Eclipse Solar dende Ourense


Un eclipse solar é un fenómeno que prodúcese cando a lua oculta ao sol, dende a perspectiva da Terra

Faro de Vigo informanos de como os ourensáns poidemos intentar observar o eclipse solar grazas a tres potentes telescopios instalados no parque Barbaña.

Ainda que a súa visión non foi tan clara como no continente africano, como se pode apreciar neste video desde Kenia, a onde se desprazaron astrónomos de todo o mundo.