viernes, 19 de diciembre de 2014

jueves, 18 de diciembre de 2014

2015 Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías Basadas na Luz

A ONU proclama o ano 2015, Ano Internacional da luz.
 A luz é esencial para a vida xa que os seres vivos fabrican o alimento na fotosíntese, e esencial no desenvolvemento tecnolóxico, nos eidos da mediciña, das comunicacións, do cine, da educación. Polo tanto durante o ano 2015 desenvolveranse actividades que fomenten a sustentabilidade no uso da luz e do seu aproveitamento en todos os sectores.

No seguinte audio podedes escoitar os obxectivos principais para o vindeiro 2015 no sector da luz e as tecnoloxías basadas na luz.


martes, 9 de diciembre de 2014

As medusas "inmortais"

Fallen
Autor: Justin Gaurav Murgai
O seu nome é Turritopsis nutricula e ainda que simple vista parece unha medusa normal, á hora de reproducirse, en lugar de morrer volven a súa forma de pólipo anterior. Esta medusa atópase en todos os océanos do mundo, dende Panamá ata Xapón, ainda que tamén se atoparon no mar Mediterráneo nas costas de España e Italia. 
Para volver "nacer", o seu corpo se encolle, os tentáculos se retraen e se dirixen  ao fondo mariño para volver empezar o ciclo.
No caso das células adultas, incluso os ovos e o esperma, disólvense para convertirse en formas máis sinxelas de sí mesmas e o organismo completo volve a ser novo. Nas probas de laboratorio, o cen por cen dos exemplares Turritopsis nutricula analizados maduraron e retornaron a xuventude moitas veces, sen perder ni unha sóa vez as súas características nin capacidades.
Moi curioso!

lunes, 1 de diciembre de 2014

Tarefa educativa en twitter

Propóñovos unha nova tarefa en twitter empregando hashtag!, de xeito que todos participedes, co fin de lembrar achegas científicas, investigacións, nacementos, e outros sucesos de interese científico ou medioambiental, sempre temas relacionados co noso proxecto. Importante: Tedes que evitar repetir os sucesos!
Ánimo e a tuitear curiosidades para que todos aprendamos historia das ciencias!
O hashtag da tarefa será: #undiacomahoxe