sábado, 30 de noviembre de 2019

Pódese combatir o cancro evitando a quimioterapia?

Todos sabemos o difícil que resulta facerlle frente a enfermidades coma o cancro. A pesar de isto, seguro que non sodes coñecedores de que o máis difícil de tratar con esta enfermidade non é matar as células que a producen(xa que hay moitos tóxicos que poden facelo), senón superar os devastadores efectos secundarios que provocan nos pacientes tratamentos como a quimioterapia

Polo tanto, conseguir eliminar as células tumorais dende o interior, para evitar así dañar o resto de tecidos, supón un gran reto para os científicos de todo o mundo.
Fonte da imaxe: Exemplo de célula tumoral


Tras moitos anos de investigación, un grupo de científicos formado por membros das universidades de Granada, Zaragoza e Edinburgo xunto co Instituto de Nanociencia de Aragón, atoparon a maneira de facer chegar os químicos tóxicos responsables de atacar as células canceríxenas directamente a elas, deixando intactas o resto de células do organismo.

A realización deste proceso consiste en deixar na célula tumoral una especia de "cabalo de Troia" que camuflado gracias a uns biomarcadores chamados exosomas, levan ao interior do cancro un catalizador de paladio que cando se libera mata as células tumorais, sen implicar toxicidade para o resto de tecidos.

Para finalizar, adxunto un vídeo que resume en que consiste a enfermidade do cancro para que así podades entender mello a entrada !!!




jueves, 28 de noviembre de 2019

Pasapalabra da Célula

Non hai mellor forma que facelo xogando. Comproba o que sabes sobre a célula e as súas partes con esta actividade!
Lembra que podes resover de xeito individual ou por equipos:

miércoles, 27 de noviembre de 2019

Repasa xogando as biomoléculas orgánicas!

¡Hola a todos!

Aquí os deixo un par de actividades educaplay para que podades repasar o que xa sabedes sobre os dous primeiros temas do curso:

As biomoléculas orgánicas e inorgánicas (glícidos,lípidos,proteínas e ácidos nucleicos e agua, sales minerais etcétera).
 -Test das biomoléculas: 



E tamén vos deixo un crucigrama sobre partes, funcións e tipos de células.
 -Crucigrama da célula: 


Espero que estas actividades vos axuden a repasar tanto para os exames de recuperación, que xa están próximos, como para o resto do curso.

martes, 26 de noviembre de 2019

Características da auga nunha divertida infografía!

Como sabemos a auga é un elemento da natureza, integrante dos ecosistemas naturais, fundamental para o sostemento e a reprodución da vida no planeta xa que constitúe un factor indispensable para o desenvolvemento dos procesos biolóxicos que a fan posible. 
É por isto e aproveitando que os alumnos de 1º de bacharelato estamos estudando a súa estructura, características,importancia... que fixen a seguinte infografía que nos servirá para repasar contidos. 

Espero que vos guste e deixedes os vosos comentarios!



Se queredes acceder ao vídeo da infografía que explica perfectamente que é un dipolo click aquí.

lunes, 25 de noviembre de 2019

O sarampelo borra a memoria do sistema inmunitario

Durante anos observouse que a vacina do sarampelo non só protexía contra este virus, senón que tamén nos defendía doutras infeccións a longo prazo. Unha das hipóteses é que en concreto o virus do sarampelo produce amnesia inmunitaria.

Cando sufrimos unha infección e o noso sistema inmunitario loita contra ela e finalmente véncea, certos linfocitos mantéñense con vida durante anos coa "memoria" dos antígenos. Deste xeito estamos xa inmunizados a próxima vez que nos enfrontamos a este virus e podemos fabricar anticorpos para combatelo. 


Revista "Quo"

Un equipo de investigadores de Harvard publicou un estudo na revista Science, no que puideron comprobar que o sarampelo borra entre o 11 e o 73% dos anticorpos da persoa infectada. O sarampelo déixanos, literalmente, indefensos.

Esta é a primeira vez que se puido comprobar que a amnesia inmunitaria inducida polo sarampelo é real, o que pon de manifesto o importante que é a vacina contra este virus. Máis aínda, os nenos que fosen infectados co sarampelo poden necesitar repetir todas as vacinas anteriores. 

Segundo datos da OMS, o sarampelo causaba 2,6 millóns de mortes antes do descubrimento da vacina, e practicamente desapareceron despois. Con todo, a actual crise causada polo movemento antivacunas provocou que as mortes aumenten ata as 100.000 vítimas ao ano, triplicándose na primeira metade de 2019. O sarampelo é o causante da metade da mortalidade infantil no mundo. 

A vacina tripla vírica (sarampelo, paperas, rubeola) probou a súa eficacia parar protexer o sistema inmunitario tras anos de investigación.

Para máis información, facede click aquí.

domingo, 24 de noviembre de 2019

A deriva continental!

 Un bo xeito de repasar a Deriva Continental de Alfred Wegener, pode ser ver esta animación cas ideas básicas sobre a Deriva dos continentes ata chegar a disposición actual.
Non deixes de velo:


jueves, 14 de noviembre de 2019

Un asteroide do tamaño dun rañaceos! No 2020 solucións ao cambio climático?

Sabías que o pasado mes de outubro sucediu algo impactante? Un asteroide do tamaño dun rañaceos pasou preto da Terra!
La roca 1998 HL1
Fonte: ABC


Aproximadamente, a roca denominada 1998 HL1, ás 19:17 situouse a 6,21 millóns de quilómetros do noso planeta.
Segundo a NASA, este asteroide considérase "potencialmente perigoso" porque pode realizar "achegamentos ameazantes á Terra".
O paso deste obxecto preto do planeta Terra non supuxo ningunha ameaza. Esta roca mide uns 550 m de diámetro, practicamente como un rañaceos. Debido á relativamente curta distancia á que pasou e a gran dimensión do obxecto, púidose observar ata con telescopios pequenos. The Virtual Telescope Project, un observatorio online fundado polo astrofísico Gianluca Masi, fixo esta magnífica gravación na que se pode ver o percorrido do asteroide:

  
O sobrevoo do asteroide este mes de outubro do 2019 é o máis próximo ata o 26 de outubro de 2140, cando estará a uns 6,18 millóns de quilómetros da Terra. Este asombroso paso do asteroide deixou unha clara pegada na historia espacial!

No 2020 atoparemos solucións ao cambio climático? Outra nova que me parece importante salientar neste audio:



martes, 12 de noviembre de 2019

As castañas como depuradoras na auga!

Castañas, Fruta, Castaño, Naturaleza, Árbol
Fuente: Pixabay
Existen dúas alternativas para a eliminación de contaminantes en contornas acuáticas: as técnicas de adsorción e a de biorremedicación. O principal problemas destes procesos é o elevado custe dos materiais adherentes, o que motivou a tese doctoral da científica galega Marta Covas.
A súa tese abrangue unha técnica físico-química, a adsorción, e unha técnica microbiolóxica, a degradación a través de fungos.
No caso das técnicas de adsorción, esta investigadora apostou por analizar as potencialidades da materia de baixo custe como os residuos naturais ou industriais. Deste xeito, analizou a capacidade de adsorción de arxilas, biomasa e algas. Poe último,traballou tamén cun residuo agroindustrial, a cáscara da castaña.
Marta Covas, seleccionou diversos contaminantes, como os das augas, que presentan certa toxicidade para os diferentes organismos acuáticos.
No eu estudo a investigadora analizou a capacidade de adsorción da cáscara da castaña, e resultou ser a que tiña as mellores propiedades e aplicouna a un sistema físici-químico para a eliminación de metais pesados e praguicidas.