Páxinas

miércoles, 17 de mayo de 2017

"Microrrelatos científicos" no IV Festival do Libro!

Nunha nova edición de microrrelatos científicos no IV festival do libro, fixemos uns pequenos relatos con termos científicos. 
Dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía organizouse este concurso onde os alumnos de secundaria e primeiro de bacharelato poidemos participar elaborando os nosos textos. 


Os seleccionados foron expostos nun mural feito por nós. O mural de temática científica representaba a figura de Mendel, referente indiscutible da xenética, e os guisantes nos que baseou o seu estudo. En cada guisante pegamos algúns dos nosos microrrelatos.

Neste vídeo podedes ver e escoitar algúns dos microrrelatos leidos polos seus autores:


Déixovos algunhas fotos do proceso neste gif animado:


ELABORANDO MURAL MICRORRELATOS CIENTÍFICOS
MURAL REMATADO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario