jueves, 16 de enero de 2020

Canto sabes sobre a organización dos seres vivos?

Imos comprobar canto sabemos sobre a organización dos seres vivos con este exercicio interactivo. O obxectivo é relacionar correctamente os niveis de organización coas imaxes que os representan. A xogar!

miércoles, 15 de enero de 2020

Crean unha bacteria que deixa de comer e aliméntase do aire

Os seres vivos fotosintéticos, plantas, algas e bacterias, son especialistas no aire vivo e na luz, sempre que teñan auga. Son capaces de captar CO2 da atmosfera e, aproveitando a enerxía do Sol e da auga.
Un grupo de investigadores do Weizmann Institute of Science de Rehovot (Israel), publicou un estudo en "Cell" onde atoparon algo totalmente novo. Os científicos conseguiron que a bacteria máis empregada na investigación, Escherichia coli , que é heterótrofa, deixe de alimentarse de azucre e comece a vivir co CO2.



Segundo os investigadores, este logro é moi interesante porque podería usarse para modificar esta bacteria, que é moi versátil e crece con moita facilidade, para producir compostos químicos, combustible ou alimentos simplemente subministrando dióxido de carbono e electricidade.

O máis interesante é que, se esta enerxía procedese de fontes renovables, esta bacteria sería un xeito case contaminante de fabricar multitude de compostos. Ademais, superaríase un gran obstáculo técnico: as bacterias de E. coli son máis fáciles de manipular que os microbios fotosintéticos.



Se queres saber un pouco máis sobre esta noticia haz click

martes, 14 de enero de 2020

Pérdida de osíxeno nos océanos!

Os ecosistemas mariños tamén se ven afectados polo cambio climático. Así o aseguraba o maior estudo feito sobre como afecta o cambio climático nos océanos.
Este estudo revelou que os océanos teñen cada vez menos osíxeno debido ao quentamento global que producen os gases de efecto invernadoiro, os pesticidas empregados na agricultura e os residuos que producimos. Todo esto fai que no mundo xa existan 700 áreas mariñas con baixas concentracións de osíxeno e que se cuadruplicaran as áreas anóxicas, áreas mariñas completamente agotadas de osíxeno. 
Esta falta de osíxeno está alterando os ecosistemas mariños, pois fai que aumente o número das especies que precisan menos osíxeno para sobrevivir como as medusas e perxudica as especies que máis osíxeno precisan como os tiburóns. Ademáis, esta falta de osíxeno foi a causa da morte de miles de peixes no Mar Menor recentemente.
 Peces muertos en playas del Mar Menor, en la zona de Villananitos y La Puntica, San Pedro del Pinatar, (Murcia)
Fonte:RTVE
Este tema estivo presente na Cume do Clima de Madrid. Como solución, propúxose que os líderes mundiais deben comprometerse a reducir de forma inmediata os gases de efecto invernadoiro que producen o quentamento global.



Para máis información fai click aquí.      

lunes, 13 de enero de 2020

A fórmula para retrasar o envellecemento!

Os seres vivos nacemos, envellecemos e morremos. Cada especie ten un horizonte vital. Para unha rata atópase nos tres anos, para os esquíos en vinte e cinco, para os vermes en apenas unas poucas semanas…

Fonte:ABC
Na década dos setenta do século pasado un grupo de científicos descubriu na illa de Pascua unha molécula moi especial á que bautizaron como rapamicina, en honra a Rapa Nui, o nome co que os aborígenes coñecen á illa.

Ao principio pensouse que a rapamicina era tan só un potente antifúngico, pero máis adiante descubriuse que tamén era un poderoso modulador do sistema inmune e que, por tanto, podíase utilizar para evitar o rexeitamento dos transplantes.


Aquí tendes un vídeo por se queredes saber algo máis sobre isto: