Mostrando entradas con la etiqueta 1ºBAC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºBAC. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de enero de 2019

Inmunoterapia contra o cancro

A inmunoterapia contra o cancro, ademais de ser a protagonista do Nobel de mediciña 2018, supón unha nova forma de investigar e tratar a enfermidade. Inclúe varias estratexias, por exemplo o uso de anticorpos monoclonales, que atacan a proteínas específicas das células cancerosas, ou que eliminan os freos do sistema inmunitario a fin de que poida 
  FONTE: EL PAÍS             destruír as células do tumor. O cancro pode evadirse                                         ás defensas naturais do organismo poñéndolle dalgún modo bloqueos que estes anticorpos conseguen eliminar. Hai xa varios fármacos aprobados que seguen este proceso.

                              

Existen terapias con virus xenéticamente modificados para matar células cancerosas e terapias baseadas nas células do sistema inmune que se extraen do paciente, refórzanse e vólvense a introducir para que cumpran co seu ataque ao tumor, este último tipo de terapias son polo momento investigacións en laboratorio. 

Na miña opinión o cancro é unha enfermidade moi común que cada vez combatimos mellor, grazas as investigacións científicas. Estes avances axudan a combatir esta enfermidade!

martes, 22 de enero de 2019

O tabaco tamén dana o medio ambiente!

A Organización Mundial da Saúde realizou recientemente unha advertencia sobre os danos ao medio ambiente que representa o cultivo, curado, peoducción, transporte e distribución, tabaco de terceira mán e cuarta mán. Según destaca a Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica, ese dano medioambiental é descoñecido polos fumadores, consumidores en xeral e os políticos.


O editorial dá revista científica desta sociedade médica explica que a planta de tabaco, necesita grandes cantidades de produtos químicos e reguladores do crecemento, o que resulta nocivo para o medio ambiente, empobrece o solo, conduce á deforestación e perxudica a saúde dos granxeiros locais de países subdesarrollados. O artículo, firmado polo presidemte de Separ, Carlos Andrés Jiménez, e os especialistas no área de tabaquismo, José Ignacio de Granda, apunta que se necesitan 11,4 toneladas métricas ao ano de bosque para o curado das follas de tabaco. Ademais, unha vez que se produciu o tabaco, ainda se necesita máis para o empaquetado e o papel de cada cigarrillo.

Os especialistas tamen denuncian que a nicotina e os productos de su degradación encontranse en augas residuais e poden persistir nas plantas de reciclaxe. De feito, actualmente a nicotina presente en augas residuais xa se está utilizando como marcador para averiguar o patrón de consumo de tabaco de distintas poboacións.

Con esto, ata dous tercios das cabichas do tabaco acaban no medio ambiente. Esto é o que se chama <tabaco de cuarta mán>. Destas cabichas non só son un problema os residuos tóxicos, se non que tamén os productos químicos tóxicos que conteñen e que acaban como lixo que remata nas calles, desagües, na auga, no mar... contaminando todo.


miércoles, 28 de noviembre de 2018

Cúmprense 55 anos da viaxe do único felino enviado nun foguete espacial

Laika, a primeira cadela enviada ao espazo en 1957, levou toda a fama, pero no mundo animal non foi a única pioneira no espazo.
 Félicette foi seleccionada entre 14 exemplares de felinos hai agora 55 anos para unha viaxe inimaxinable para unha gata rueira de París: sobrevoar a superficie terrestre a 157 quilómetros de altura . O 18 de outubro de 1963 despegaba da base francesa de Colomb- Béchar, no Sahara alxerino, o foguete Véronique AG1. A bordo, a única pasaxeira era Félicette, a quen esperaba un percorrido de apenas 10 minutos. 

Un dispositivo parecido ao usado para lanzar ao felino ao espazo  

Ese tempo era suficiente para alcanzar os 157 quilómetros de altura, en plena ionosfera. Félicette chegou a esa cota viaxando a seis veces a velocidade do son. De malvivir nas rúas parisienses, Félicette pasou a experimentar, aínda que só durante cinco minutos, unha sensación vedada para a inmensa maioría de humanos: flotar grácilmente no interior dun foguete. Iso si, antes tivera que pasar por un desagradable adestramento, similar ao dos astronautas, que a expuxo a grandes forzas de aceleración. O experimento espacial, pensado precisamente para analizar os efectos da ausencia de gravidade nos seres vivos, tivo mellor final que o de Laika, que morreu polo sobrecalentamiento da súa nave horas despois do lanzamento. Félicette, en cambio, regresou sa e salva a terra tras saír despedida do foguete nunha pequena cápsula dotada de paracaídas.











Vídeo sobre Félicette: 


martes, 27 de noviembre de 2018

Protección para os carballos de "A Clamadoira"


Todos os galegos coñecemos a importancia dos carballos na nosa cultura e nos nosos bosques, e desgraciadamente cada vez hai menos de estos ao longo da nosa comunidade autónoma. Por ello, os cidadáns de Muiños exixen a protección duns destas árbores situadas nun dos principais santuarios da provincia de Ourense.
Os seis carballos que completan o paisaxe do Santuario de A Clamadoira máis un situado na capital de Muíños, todos eles centenarios e con gran valor ecolóxico e paisaxístico, protagonizan a loita pola súa inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, rexistro creado en 2007 para a protección deste tipo de árbores.
O Concello de Muiños leva anos en busca de esta catalogación para estos exemplares. Ourense é a provincia galega con menos árbores deste tipo (29), mentras que outras provincias son ampliamente superiores como Pontevedra (61), Coruña (56) e Lugo (41). 
O Concello alude a que desta forma o Santuario tería máis importancia turística e a zona sería máis recoñecida.
Un destes árbores e coñecido como o "castiñeiro senlleiro" de Mugueimes, e ten características moi especiais, como a de alcanzar os sete metros de altura e a de superar os 200 anos de idade. 
De feito, aquí vos deixo un vídeo que fala sobre o castaño máis vello de Galicia, que tamén se atopa en Ourense no concello de Manzaneda, é espectacular o seu tamaño e a súa grandiosidade!


Non cabe dúbida de que estas árbores deben ser protexidas, posto que senón nos preocupamos das nosas árbores autóctonas, algún día xa non dispondremos de elas nas nosas vidas!

Fonte da nova: consulta este enlace


viernes, 9 de noviembre de 2018

Erradican mosquitos de malaria cun experimento de enxeñería xenética!

O experimento de enxeñería xenética, liderado por Andrea Crisanti, do Imperial College London, consistiu en introducir nun grupo de mosquitos portadores de malaria "Anopheles gambiae" uns xenes que modificaban os seus impulsos sexuais.
O experimento realizado con enxeñería xenética logrou destruír toda unha poboación de mosquitos de malaria engaiolados nun laboratorio, o que abre a porta para trasladar a proba a unha contorna natural.



Autor foto
En mosquitos, as técnicas de enxeñería xenética CRISPR permiten a transmisión de xenes específicos nun 99 % da descendencia, fronte ao 50 % que se constata no medio natural.


No experimento difundido este outubro, os autores conclúen que "a rápida e completa propagación deste impulso xenético, xunto coa ausencia de resistencia, fan que sexa realista efectuar estudos de campo contolados".


Na miña opinión é moi importante que se fagan estudos deste tipo que axudan a mellorar o nivel de vida do planeta erradicando enfermidades con grandes taxas de mortalidade, sobre todo en países pobres.


                                  Fuentes da información

miércoles, 7 de noviembre de 2018

Descúbrese o buraco negro de crecemento máis rápido

En maio de 2018 conseguiuse captar o máis voraz e impresionante buraco negro visto ata agora. Situado a uns 12.000.000.000 de anos luz e cunha masa equivalente a 20.000.000.000 de soles é unha gran noticia xa que se descubriu que devora unha masa equivalente á do sol cada 48 horas, 200 soles ao ano. 
Autor foto


Estas incribles cifras fan que este supermasivo buraco negro sexa tamén extremadamente brillante debido a toda a enerxía que absorve, en concreto o brillo desta besta é 10.000 veces superior ao da galaxia que o contén e se por exemplo estivese no centro da vía láctea veriámolo dez veces máis brillante que a lúa chea o que nos impediría ver as demais estrelas. Este sería o menor dos nosos problemas xa que a inmensa cantidade de radiación que emana del faría imposible a vida na galaxia, por sorte esta tan lonxe que o único problema que supón é o da súa comprensión para os astrofísicos.

Parécenme moi interesantes todos estas achegas que nos permiten comprender un pouco máis a inmensidade do universo porque, sexamos claros,a quen non lle interesa coñecer os segredos que o espazo aínda mantén ocultos?



  Fuente de la info.

lunes, 5 de noviembre de 2018

Lógrase rexenerar "in vivo" a pel dun mamífero!



Fuente:expreso.ec
A investigación centrouse ata agora en obter células dun animal, reprogramalas fora do corpo, diferencialas nos tecidos necesarios e reimplantalas ao corpo. Esta é a primeira investigación que logra facer todo isto "in vivo", reprogramando as células dentro do corpo, de modo que sexan elas mismas as que rexeneren o órgano dañado. 
As úlceras cutáneas que se extenden por todas as capas da pel poden tratarse agora con implantes de pel de outra parte do corpo pero sería inviable con úlceras moi grandes. A opción que queda experimental é extraer células nai da pel, cultivalas no laboratorio e a pel resultante implantarlla ao paciente.

Os investigadores Izpisúa e Masakazu Kurita sabían que o elemento clave da recuperación dunha úlcera ou quemadura son unhas células chamadas "Queratinocitos basales"(células nai da pel) para que migren desde a zona sana adxacente ata a ferida.


A genómica permitiullles detectar primeiro 55 moléculas(proteinas, ARN) candidatas a lograr a reprogramación, e despois a combinatoria de proba e erro reduciu ata solo 4 moléculas esenciais. Basta ca aplicación tópica de esos 4 factores sobre a ferida para que as células se convirtan en Queranocitos e así rexeneren a piel sá en 18 días. Este epitelio expandeuse e conectaronse coa pel circundante. Seis meses despois realizáronse probas moleculares, xenéticas e celulares e as células xeradas comportáronse coma células sás da pel.
Opinión:
Paréceme que é unha investigación relevante para a cura de queimaduras e rexeneración da pel nos humanos. A ciencia e a medicina ao servicio da humanidade!

jueves, 18 de octubre de 2018

Nacen crías de rato de pais do mesmo sexo!

Fuente: Leyun WangEuropa Press

Un equipo de investigadores logrou reproducir crías de rato a partir de parellas do mesmo sexo, grazas a unha nova técnica que usa células nai modificadas borrando grupos químicos do ADN asociados ao sexo. Trátase da primeira ocasión na que este método aplícase con éxito, despois doutras investigacións previas que usaron outras técnicas para reproducir crías a partir de parellas do mesmo sexo.

O estudo desenvolveu un complicado proceso de manipulación xenética co que eliminaron anormalidades xeradas no proceso reprodutivo de pais do mesmo sexo. Os mamíferos normalmente herdan dous conxuntos de xenes, un da nai e outro do pai. Pero un grupo químico do ADN asociado ao sexo, o chamado "sinal xenético", hérdase dun só proxenitor.
O estudo usou células nais embrionarias  haploides, que se parecen ás "células xerminais orixinais, as precursoras dos óvulos e os espermatozoides", explicou outro coautor,  Baoyang  Hu. Despois alteraron a composición das células, borrando as "rexións con sinais xenéticos" para imitar o proceso de "apagado" que se dá na reprodución normal.
Usando dous conxuntos de ADN de ratos femia, con manipulacións xenéticas, os científicos lograron producir 29 crías a partir de 210 embrións, que lograron vivir ata a idade adulta e reproducirse con normalidade. 

Dusko  Ilic, investigador en células nai no King’ s  College de Londres, cualificou o estudo como "punteiro" e cre que poderá arroxar luz "sobre diferentes aspectos da reprodución entre mamíferos e abre novas portas para futuras investigación.
Para máis información consulte: aquí

martes, 16 de octubre de 2018

Un minuto de Ciencia para Valentina Tereshkova!

Queres saber quen foi Valentina Tereshkova?
A primeira muller en viaxar polo espazo, é a protagonista da segunda animación do noso proxecto de Ciencia Activa, "Un minuto de Ciencia".
Non te perdas esta animación feita por Gema e Valentina de 1º BAC, verás coma nun minuto aprendes quen era Valentina Tereshkova:


lunes, 15 de octubre de 2018

Un minuto de Ciencia para Albert Einstein!


A nova tarefa do Proxecto Ciencia Activa chámase, "Un minuto de Ciencia" e consiste na creación de animacións sobre científic@s célebres, nun só minuto! Si, nun só minuto de ciencia!    
Xa temos a primeira animación! 
O noso primeiro minuto é para Albert Einstein, animación realizada polos alumnos de 1º BAC, Raúl Rebentisch e Carlos Cuesta.
Parabéns polo voso traballo! 



Neste enlace podemos  ver a información de como se organiza a nova tarefa dende o blog da profesora: Fai click 
Pronto seguiremos publicando as novas animacións!   

viernes, 5 de octubre de 2018

Premio Nobel de Química 2018!

"Domadores do poder da evolución"
 Esta semana 3 químicos reciben o galardón por desenvolver novos métodos para crear proteínas que poden resolver moitos problemas da humanidade!

A estadounidense Frances Arnold ( Pittsburgh, EE UU, 1956), George Smith ( Norwalk, EE UU, 1941) e Gregory Winter (Leicester, 1951) gañaron o Nobel de Química 2018 por tomar " o control da evolución e usar as súas mesmos principios para desenvolver proteínas que resolven moitos problemas da humanidade", según expón a Real Academia de Ciencias.
As investigacións dos galardoados relacionan a Evolución ca creación de novos compostos que axuden a humanidade a solventar enfermidades de diferente tipo.
A evolución dirixida permite manipular microbios para que desenvolvan proteínas que non existen na natureza e que se aplican á creación de novos combustibles e fármacos contra moitas enfermidades, dende a diabetes ao cancro metastásico.















Fonte consultada: AQUÍ 
Opinión: Paréceme moi interesante que esteamos ao día nas achegas máis recentes e chamoume á atención nestes investigadores a relación entre EVOLUCIÓN, QUÍMICA E MEDICINA!

miércoles, 26 de septiembre de 2018

Novos contribuíntes do curso 2018-2019

Os alumnos de Bachalerato de colexio plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, comezamos este curso con moita ilusión, xa que comezamos a xestionar este blog.
Moitos de nós, traballamos o curso pasado como administradores do blog da ESO: Ciencia Activa, ESO é!,  outros será a primeira vez que traballaremos nun blog.
O alumnado de 1º e 2º bac seremos os responsables da bitácora: "Proxecto Ciencia Activa" e traballaremos en equipo para que o resultado sea mellor!
A continuación, podedes ver a foto do novo equipo de blogueiros de 1º BAC:


1º Bac, novos contribuíntes do blog.

miércoles, 16 de mayo de 2018

Jean Baptiste Perrin (Francia)



Jean Baptiste Perrin foi un físico químico francés galardoado co Premio Nobel de Física en 1926 polo seu traballo sobre raios catódicos e no equilibrio de sedimentacíón.
Estudou no liceo Janson de Sailly en París.  Estudou na École Normale Supérieure, en París, e  foi profesor posteriormente do mesmo desde 1891. En 1910, ingresou na Univercidade de París como profesor de química, que dirixiu de 1927 a 1940.
Durante a Primerira Guerra Mundial, serviu no exército francés. En 1923, foi elixido para a Academia francesa de Ciencias. En 1936, foi nomeado subsecretario do estado para asuntos cientificos do goberno de Fronte Popular de Leon Blum.
En 1940 trasladouse a Estados Unidos, participando do movemento chamado "Francia Libre" e dirixiu o departamento científico da Escola Avanzada en Nova York. 
Foi o pai de Francis Perrin, tamén un fisíco, especialista en fisión nuclear, que dirixiu a Comisión de Enerxía Atómica de Francia (CEA) 1951-1970.
Jean Baptiste morreu o 17 de abril de 1942 en Nova York. As súas cinzas foron transportadas o 17 de novembro de 1948 ata o Panteón, en París.
En 1895 demostrou que os raios catódicos tiñan unha carga eléctrica de signo negativo. En 1908 calculou o número exacto de Avogadro (número de moléculas contidas nun mol de gas baixo condicións normais). Tamén explicou a enerxía solar como consecuencia das reaccións termonucleares do hidróxeno.
Membro das Conferencias de Solvay de 1911 e 1927, en 1926 recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre discontinuidade da materia e descubrimento do equilibrio de sedimentación.
Modificou o modelo atómico de Thomson e suxeriu por primeira vez que as cargas negativas son externas ao núcleo. En 1895, descubriu que a carga de depósito de raios catódicos nun electroscopio confirmaba que se cargaban partículas. Foi ao redor dese momento cando o inglés Joseph John Thomson se interesou en medir a velocidade destas partículas, que máis adiante serían identificados como electróns.

martes, 8 de mayo de 2018

Guillermo Marconi

Guillermo Marconi destacado científico Italiano.



Guillermo Marconi, nado en Bolonia o 25 de abril de 1874 e morto en Roma o 20 de xullo de 1937 foi un enxeñeiro electrónico, empresario e inventor italiano, coñecido por ser un dos principais impulsores da radiotransmisión a larga distancia, despois de crear un sistema de telegrafía sen cables coñecido como radiotelegrafía.

Algunhas veces foi acreditado como inventor da radio e compartiu en 1909 o premio Nobel de física xunto con Carl Ferdinand Braun en recoñecemento ás súas  contribucións no desenvolvemento da  telegrafía inalámbrica, aínda que en 1943 a patente da radio foille atribuída a Tesla.
A parte do premio Nobel gañou a Medalla Franklin e foi o presidente da Accademia Nazionale.

William Thomson

William Thomson destacado científico Irlandés


Celebrando o Día de Europa queremos destacar en Irlanda a : William Thomson!! 
William Thomson naceu o 26 de xuño de 1824 en Belfast. Un dos fillos de James Thomson, profesor de matemática e enxeñaría na Royal Belfast Academic Institution e Margaret Gardener. A súa nai morreu en 1830 cando William tiña seis anos. Estudou nas universidades de Glasgow e Cambridge. Entre 1846 e 1899 traballou como profesor na Universidade de Glasgow.
Na termodinámica, desenvolveu o traballo realizado por James Prescott na interrelación da calor e a enerxía mecánica, e en 1852 uniu forzas na investigación do fenómeno coñecido como o efecto-Joule Thomson. Estudou a teoría matemática da electrostática, levou a cabo melloras na fabricación de cables e inventou o galvanómetro do imán móbil. Foi asesor científico na colocación dos cables telegráficos do Atlático en 1857, 1858, 1865 e 1866. Tamén contribuiu á teoría da elasticidade e investigou os circuitos oscilantes, as propiedades electrodinámicas dos metais. Xunto co fisiólogo e físico alemán Hermann Ludwig von Helmhoth, fixo un cálculo da idade do  sol e calculou   a enerxía irrariada da súa superficie. Entre os dispositivos que el invento, figuran un dispositivo para predecir mareas, un analizador armónico e un aparello para gravar sons en augas pouco profundas. En 1902 elabora o primeiro modelo atómico. Moitas das súas obras científicas foron compiladas nas súas conferencias sobre a electricidade e magnetismo en 1872, as matemáticas e as clases físicas en 1882, 1883 e 1890 e os cursos e conferencias en 1889 ata 1894. Foi presidente da Royal Society of London en 1890, e en 1902 recibiu a Orde do Mérito.


domingo, 6 de mayo de 2018

Jules Jean Baptiste Vincent Bordet


Jules Bordet nobel.jpg
Con motivo do Día de Europa destaco a este célebre médico belga:
Jules Jean Baptiste Vincent Bordet
Jules Jean Baptiste Vincent Bordet (Soignies, Bélxica, 13 de xuño de 1870 - 6 de abril de 1961) foi un médico inmunoloxico e microbiólogo belga. Doctorouse en Mediciña na Universidade Libre de Bruselas en 1892 e empezou a traballar no Instituto Pasteur de París en 1894.

En 1899 fundou o Instituto Pasteur en Bruselas. No ano 1919 concedeuselle o Premio Nobel de Fisioloxía e Mediciña polos seus descubrimentos sobre a inmunidade. Polo hachádego da capacidade bactericida do suero do sangue dos mamíferos, acción mediada por dous compoñentes, un termoestable, os anticorpos, e outro termolábil, coñecido como complemento, e pola definición da ligazón no complexo antíxeno-anticorpo, a chamada fixación do complemento, para producir inmunidade.

Foi o descubridor do bacilo que produce a tos ferina, o Bordetella pertussis, e desarrollou unha bacina contra esta enfermidade. En 1933 preside o Consello Científico do Instituto Pasteur de París.

O Instituto Bordet, situado en Bruselas, único hospital oncolóxico de Bélxica e centro de referencia nacioal de oncoloxía, leva o seu nome. O xénero de bacterias Bordetella recibiu ese nome polo seu.

   

miércoles, 2 de mayo de 2018

Severo Ochoa destacado científico español

Celebrando o Día de Europa queremos destacar en España a : Severo Ochoa de Albornoz! Severo Ochoa naceu en Luarca, Asturias o 24 de setembro de 1905. Seus pais foron o abogado Severo Manuel Ochoa e Carmen de Albornoz. Tras a morte de seu pai cando Severo Ochoa tiña 7 anos, a súa nai e el transladaronse a vivir a Málaga, onde Severo realizou os estudos de elementaria e bacharelato. Pronto desarrollou interés pola bioloxía, e centrouse no estudo do metabolismo enerxético, con especial atención nas moléculas fosforiladas. Ochoa terminou a súa licenciatura en medicina no verán de 1928, e decidiu seguir dedicándose a investigación. Gracias a súa publicación acerca da creatinina, en 1929 conseguiu unha invitación para unirse ao laboratorio de otto Mayerhof no instituto de Bioloxía "Kaiser Wilhelm", en Berlín. A partir de 1964 Severo Ochoa adentrouse, por unha parte, nos mecanismos de replicación dos virus que ten o ARN como material xenético, describindo as etapas fundamentais do proceso, e, por outra parte, nos mecanismos de síntese de proteínas, coa especial atención ao proceso de iniciación, tanto en organismos procarióticos como en eucarióticos, sendo pionero no descubrimento dos factores de iniciaciónda tradución. España quixo recuperar o seu maxisterio, e ao efecto en 1971 creabase para el en Madrid o Centro de Bioloxía Molecular. Severo recibiu o segundo premio nobel de Medicina español en 1959, compartido co seu discípulo Arthur Kornberg. Tamén recibiu numerosos recoñecementos ao largo da súa carreira como: -Medalla Neuberg en bioquímica del año 1951. -Medalla de la universiadad de Nueva York en el año, 1959, e moitos máis. Neste vídeo podemos ver e oir ao propio Severo Ochoa

miércoles, 20 de diciembre de 2017

Descuberto un novo planeta candidato a albergar vida

Unha pequena estrela vermella que está a só once anos luz do sistema solar ten un planeta de tamaño similar á Terra no que é posible que haxa auga líquida e vida .
O novo astro, chamado Ross 128 b, "é o planeta de temperatura temperada situado ao redor dunha estrela calma máis próxima que se coñece", din os autores da investigación na revista Astronomy & Astrophysics, onde presentan os seus resultados. Isto fai que sexa "un obxectivo prioritario [...] para buscar biomarcadores".
O novo planeta está vinte veces máis preto da súa estrela que a Terra do Sol e ten unha masa un 35% maior que a da Terra,  pero é o suficientemente  pequeno como para ter una superficie sólida sobre a que se poida desenvolver a actividade biolóxica.
O converte a Ross 128 b nun bo candidato para albergar actividade biolóxica, segundo os investigadores, é a estrela arredor da que xira. O planeta completa unha órbita cada once días arredor da enana vermella Ross 128, a estrela mais cercana a Terra da constelación de Virgo, que ademais se está desprazando en dirección ao sistema solar. Dentro de 71.000 anos achegarase a uns 4 anos luz convertirase na estrela máis próxima ao Sol.
Descubriuse co instrumento HARPS, instalado nun telescopio do Observatorio de La Silla, nos Andes de Chile, co  obxetivo de buscar exoplanetas. Desde que entrou en servizo no 2003, HARPS converteuse no observatorio terrestre que máis exoplanetas  leva descuberto, co descubrimento de máis de 130 novos mundos.



Ante a perspectiva de poder analizar directamente atmosferas de exoplanetas con novos telescopios que entraran en servizo na próxima década, iniciouse nos últimos anos unha busca sistematica de astros arredor de estrelas frías próximas á Terra. Estas análises basearanse na detección de gases que poidan ser indicativos de actividade biolóxica ou da habitabilidade dun planeta como o osíxeno, o ozono, o metano ou o vapor de auga.

martes, 14 de noviembre de 2017

O radón e as súas consecuencias!!!

O radón e as súas consecuencias

O radón é un gas radiactivo emitido pola  desintegración normal dos elementos químicos, uranio, torio e radio nas rochas e na terra. O radón disólvese nas augas subterráneas e pode difundirse no aire, cando se usa esa auga. O radón  atópase prácticamente en todo o aire, todo o mundo o inhala en altas cantidades, e isto ten un elevado risco de provocar cancro de pulmón. O radón métese polas grietas das casas ou mismamente polas paredes e polo chán. As vivendas con maior aislamento e que están herméticamente selladas teñen máis concentración de este gas tan perigoso.

O radón está  composto por unas pequenas partículas radiactivas que ao ser inhaladas poden danar as células que recobren os pulmóns. Fumar é moi perigoso para a saúde, o radón e menos perxudicial, no obstante en EEUU o radón e a segunda maior causa do cancro de pulmón.

Uns estudos que fixeron uns científicos sobre o radón en Galicia, determina que hai una alta cantidade de este gas na comunidade Galega o cal pode provocar tumores cerebrais. Onde máis preocupante son estes feitos é na provincia de Ourense e Pontevedra.

Aparte de cancro de pulmón este gas tamén pode producir tumores como dixemos anteriormente cerebrais, pero non só iso senón que tamén tumores na pel, nos riles e noutras partes do noso corpo.
En municipios de Ourense como O Bolo e A Mezquita a cantidade de radón residencial rexistrada polos investigropeadores supera o límite máximo de radiación establecido por unha nova directiva da Comisión EEUA a 300 becquerelios por metro cúbico. O risco de padecer cancro aumentou un 16%.

"Esta é unha foto que presenta as zonas de risco do radón":





viernes, 6 de octubre de 2017

O Nobel de Medicina 2017!

Os investigadores estadounidenses Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young son os gañadores do Premio Nobel de Medicina 2017 por os seus descubrimentos sobre o funcionamento dos chamados ritmos circadianos. Máis concretamente, según o fallo da Academia Noble do Instituto Karolinska, por as achegas dos mecanismos moleculares que regulan o ritmo circadiano, e os xenes que as determinan.
Rosbash, de 73 anos e natural de Missouri, obtuvo o seu doctorado en 1970 no Massachusetts Institute of Technology de Cambridge. Hall, de 72 anos, naceu en Nova York realizou as súas investigacións en Maine, hoxe está xubilado. Young, de 68, naceu en Miami, e adicase o ensino desde 1978 na Universidad Rockefeller.

Unha gran parte dos xens do home están regulados polo reloxo biolóxico e, en consecuencia, por un ritmo circadiano calibrado que adapta as necesidades fisiolóxicas as diferentes fases do día, ou o que é o mesmo, a rotación da Terra. Desde os primeiros descubrimentos realizados polos tres galardonados co Nobel a Bioloxía Circadiana converteuse nun campo de investigación vasto e dinámico, con implicacions para a saúde e o benestar.

Iste reloxo interno regula funcions críticas, tales como o comportamento, os niveis hormonales, o soño, a temperatura corporal e o metabolismo. Polo tanto, o benestar do home vese afectado si existe un desaxuste temporal entre o entorno externo e iste reloxo biolóxico interno. Un exemplo é cando viaxamos a través de varias zonas horarias e experimentamos o chamado "jet lag". Tamén hai indicios de que a desalineación crónica entre os modos de vida e o reloxo interno asociánse cun maior risco de sufrir enfermidades.

Neste audio Alejandro, Adriana, Noemí e Ana fanse eco da nova do Premio Nobel: