miércoles, 16 de mayo de 2018

Jean Baptiste Perrin (Francia)



Jean Baptiste Perrin foi un físico químico francés galardoado co Premio Nobel de Física en 1926 polo seu traballo sobre raios catódicos e no equilibrio de sedimentacíón.
Estudou no liceo Janson de Sailly en París.  Estudou na École Normale Supérieure, en París, e  foi profesor posteriormente do mesmo desde 1891. En 1910, ingresou na Univercidade de París como profesor de química, que dirixiu de 1927 a 1940.
Durante a Primerira Guerra Mundial, serviu no exército francés. En 1923, foi elixido para a Academia francesa de Ciencias. En 1936, foi nomeado subsecretario do estado para asuntos cientificos do goberno de Fronte Popular de Leon Blum.
En 1940 trasladouse a Estados Unidos, participando do movemento chamado "Francia Libre" e dirixiu o departamento científico da Escola Avanzada en Nova York. 
Foi o pai de Francis Perrin, tamén un fisíco, especialista en fisión nuclear, que dirixiu a Comisión de Enerxía Atómica de Francia (CEA) 1951-1970.
Jean Baptiste morreu o 17 de abril de 1942 en Nova York. As súas cinzas foron transportadas o 17 de novembro de 1948 ata o Panteón, en París.
En 1895 demostrou que os raios catódicos tiñan unha carga eléctrica de signo negativo. En 1908 calculou o número exacto de Avogadro (número de moléculas contidas nun mol de gas baixo condicións normais). Tamén explicou a enerxía solar como consecuencia das reaccións termonucleares do hidróxeno.
Membro das Conferencias de Solvay de 1911 e 1927, en 1926 recibiu o Premio Nobel de Física polo seu traballo sobre discontinuidade da materia e descubrimento do equilibrio de sedimentación.
Modificou o modelo atómico de Thomson e suxeriu por primeira vez que as cargas negativas son externas ao núcleo. En 1895, descubriu que a carga de depósito de raios catódicos nun electroscopio confirmaba que se cargaban partículas. Foi ao redor dese momento cando o inglés Joseph John Thomson se interesou en medir a velocidade destas partículas, que máis adiante serían identificados como electróns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario