domingo, 6 de mayo de 2018

Jules Jean Baptiste Vincent Bordet


Jules Bordet nobel.jpg
Con motivo do Día de Europa destaco a este célebre médico belga:
Jules Jean Baptiste Vincent Bordet
Jules Jean Baptiste Vincent Bordet (Soignies, Bélxica, 13 de xuño de 1870 - 6 de abril de 1961) foi un médico inmunoloxico e microbiólogo belga. Doctorouse en Mediciña na Universidade Libre de Bruselas en 1892 e empezou a traballar no Instituto Pasteur de París en 1894.

En 1899 fundou o Instituto Pasteur en Bruselas. No ano 1919 concedeuselle o Premio Nobel de Fisioloxía e Mediciña polos seus descubrimentos sobre a inmunidade. Polo hachádego da capacidade bactericida do suero do sangue dos mamíferos, acción mediada por dous compoñentes, un termoestable, os anticorpos, e outro termolábil, coñecido como complemento, e pola definición da ligazón no complexo antíxeno-anticorpo, a chamada fixación do complemento, para producir inmunidade.

Foi o descubridor do bacilo que produce a tos ferina, o Bordetella pertussis, e desarrollou unha bacina contra esta enfermidade. En 1933 preside o Consello Científico do Instituto Pasteur de París.

O Instituto Bordet, situado en Bruselas, único hospital oncolóxico de Bélxica e centro de referencia nacioal de oncoloxía, leva o seu nome. O xénero de bacterias Bordetella recibiu ese nome polo seu.

   

No hay comentarios:

Publicar un comentario