viernes, 6 de octubre de 2017

O Nobel de Medicina 2017!

Os investigadores estadounidenses Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young son os gañadores do Premio Nobel de Medicina 2017 por os seus descubrimentos sobre o funcionamento dos chamados ritmos circadianos. Máis concretamente, según o fallo da Academia Noble do Instituto Karolinska, por as achegas dos mecanismos moleculares que regulan o ritmo circadiano, e os xenes que as determinan.
Rosbash, de 73 anos e natural de Missouri, obtuvo o seu doctorado en 1970 no Massachusetts Institute of Technology de Cambridge. Hall, de 72 anos, naceu en Nova York realizou as súas investigacións en Maine, hoxe está xubilado. Young, de 68, naceu en Miami, e adicase o ensino desde 1978 na Universidad Rockefeller.

Unha gran parte dos xens do home están regulados polo reloxo biolóxico e, en consecuencia, por un ritmo circadiano calibrado que adapta as necesidades fisiolóxicas as diferentes fases do día, ou o que é o mesmo, a rotación da Terra. Desde os primeiros descubrimentos realizados polos tres galardonados co Nobel a Bioloxía Circadiana converteuse nun campo de investigación vasto e dinámico, con implicacions para a saúde e o benestar.

Iste reloxo interno regula funcions críticas, tales como o comportamento, os niveis hormonales, o soño, a temperatura corporal e o metabolismo. Polo tanto, o benestar do home vese afectado si existe un desaxuste temporal entre o entorno externo e iste reloxo biolóxico interno. Un exemplo é cando viaxamos a través de varias zonas horarias e experimentamos o chamado "jet lag". Tamén hai indicios de que a desalineación crónica entre os modos de vida e o reloxo interno asociánse cun maior risco de sufrir enfermidades.

Neste audio Alejandro, Adriana, Noemí e Ana fanse eco da nova do Premio Nobel:

No hay comentarios:

Publicar un comentario