Margarita Salas Falgueras (Canero, Asturias, 30 de novembro de 1938 - Madrid, 7 de novembro de 2019). Científico e investigador bioquímico español. Doutor en Ciencias, licenciado en Química pola Universidade Complutense de Madrid en 1963.
Traballou con Alberto Sols, Severo Ochoa -en Estados Unidos, que dirixiría o seu traballo posdoutoral en 1964-1967 no Departamento de Bioquímica da Universidade de Nova York- e xunto co seu marido Eladio Viñuela impulsaron a investigación española dentro da campos da bioquímica e da bioloxía molecular. En 1967 volveu a España e de 1968 a 1992 foi profesora de Xenética Molecular na Facultade de Química da Universidade Complutense e dende 1974 traballa no Centro de Bioloxía Molecular "Severo Ochoa".
É membro das máis importantes sociedades e institutos científicos nacionais e internacionais, así como do consello editorial de principais publicacións científicas.
Margarita Salas é membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, da Real Academia Española e presidenta da Fundación Severo Ochoa. Durante os anos 1995-2003 dirixiu o Instituto de España, institución que coordina as Reais Academias.
En maio de 2007, converteuse na primeira muller española en formar parte da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.
A súa actividade científica ascende a máis de 300 publicacións en revistas e libros internacionais e ten dirixido máis de 28 teses de doutoramento.
Segundo o Real decreto 1175/2008, concédeselle o título de Marquesa de Canero. Depositou un legado na Caixa das Letras do Instituto Cervantes que permaneceu gardado ata o 27 de xaneiro de 2018. Constaba de dous cadernos con apuntamentos sobre as súas investigacións no laboratorio de Severo Ochoa na Universidade de Nova York,
Recibiu o Premio ao Inventor Europeo 2019 da Oficina Europea de Patentes uns meses antes da súa morte en Madrid o 7 de novembro de 2019.
A maioría das persoas saberán que o noso planeta está formado por diferentes capas: a cortiza, o manto (superior e inferior) e o núcleo (externo e interno). Sen embargo, poucos coñecen o nome de Inge Lehmann, quen descubriu a descontinuidade que separa o núcleo externo do núcleo interno.
Inge Lehmann (1888-1993) foi unha sismóloga e xeofísica dinamarquesa. En 1936, descubriu que a Terra ten un núcleo interno sólido dentro dun núcleo externo fluído. Antes diso, os científicos crían que o núcleo da Terra era unha única esfera derretida. Os sismólogos non eran quen de explicar as medidas das ondas sísmicas dos terremotos, que eran inconsistentes coa súa teoría. Lehmann analizou as medidas das ondas sísmicas, e chegou á conclusión de que a Terra tiña un núcleo sólido interno. Outros sismólogos puxeron a proba a súa teoría e aceptaron a explicación de Lehmann.
A chamada descontinuidade de Lehmann foi o seu maior descubrimento. Esta descontinuidade sísmica foi descuberta en 1936 e demostrou que existía un límite entre o que hoxe coñecemos como o núcleo externo líquido e o núcleo interno sólido da Terra. O descubrimento foi de gran importancia, xa que, ata entón críase que a Terra era oca.
Houbo que esperar ata 1970 para que novas medicións máis tecnolóxicas confirmasen a teoría da sismóloga danesa. A danesa trasladouse a Estados Unidos onde seguiu os seus estudos do centro da Terra, e viaxou polo mundo estudando sismos. Xa desde os anos 60 que comezou a ser honrada pola comunidade científica, e en 1971 foille outorgada a William Bowie medal, o máis importante galardón da asociación xeofísica de EE. UU; e foi a primeira muller en recibilo. Foi unha das científicas máis lonxevas da historia, xa que chegou a cumprir 104 anos.
Dende o principio hai centos de anos, as mulleres foron ganando cada vez máis dereitos, e con eso a prohibición de que as muleres poidan asistir á universidade e convertirse en científicas levantouse. Dende ese momento, todas as mulleres científicas desempeñaron un papel fundamental no descubriemto de cousas importantísimas como a estrutura do ácido desoxirribonucleico ou ADN. Aunque o traballo destas mulleres non sempre é recoñecido, o que realizou Rosalind Franklin (1920 - 1958) cambiou o mundo da bioloxía para sempre.
Franklin foi a primeira muller en fotografiar con raios X a estrutura de dobre hélice do ADN, pero non se lle recoñeceu o mérito ata anos despois da súa morte de cancro de ovarios.
Un dos seus compañeiros de laboratorio, Maurice Wilkins, mostroulle a imaxe aos seus compañeiros e xuntos publicaron este descubrimento na revista Nature. Recibiron o Premio Nobel catro anos despois de que Rosalind falecera.
Aquí tedes un video sobre como funciona o ADN por es estades interesados en aprender máis sobre o tema:
Intelixencia artificial axuda a predicir a supervivencia de pacientes covid en UCI
A irrupción da pandemia acelerou os avances científicos. Vacinas dispoñibles en menos dun ano para inmunizar á poboación. E, tamén, a incorporación da intelixencia artificial. Agora, un equipo de investigadores europeos xa emprega modelos de aprendizaxe automática para predicir a superviviencia de pacientes de Covid-19 en UCI. Os científicos demostraron que a partir das mostras de sangue, en concreto de 14 proteínas do seu plasma das persoas graves podíase determinar con semanas de antelación se a persoa sobreviviría.
“O noso estudo mostra unha combinación de marcadores proteómicos, combinados nun modelo de predición de risco baseado en intelixencia artificial, pode predicir bastante ben a probabilidade de que un paciente individual morra ou sobreviva á Covid-19″, declara o co-autor Florian Kurth do hospital universitario Charité en Berlín (Alemaña).
Para realizar a investigación, os científicos comezaron estudando os niveis de proteínas de mostras de sangue tomadas en 50 pacientes con Covid-19 en estado crítico que estaban sendo tratados con ventilación mecánica en centros de Alemaña e Austria. A continuación aplicouse a intelixencia artificial para atopar asociacións entre as proteínas e a supervivencia das persoas enfermas. Do grupo de ensaio analizado, morreron 15 pacientes e o tempo medio de ingreso ata o falecemento foi de 18 días. No caso dos que sobreviviron, o o período medio de hospitalización foi de 63 días.
Patrimonio da Humanidade ou Patrimonio Mundial trátase dun título conferido pola Unesco a sitios específicos do planeta, xa sexan bosques, montañas, lagos, lagoas, covas, desertos, edificacións, complexos arquitectónicos ou cidade que foron propostos e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo programa Patrimonio da Humanidade.
Hoxe en día España conta con 49 bens declarados Patrimonio da Humanidade, sendo así o tercer país do mundo con maoir número de bens. Dentro deses 49 bens, 43 pertencen a bens culturales, catro a bens naturais e os dous últimos a bens mixtos. Cabe destacar que catro representan bens compartidos con outros países como Francia, Portugal ou Eslovenia.
Nesta entrada destacaremos os catro bens naturais Patrimonio de Humanidade en España; o Parque Nacional de Garajonay, o Parque Nacional de Doñana, o Parque Nacional do Teide e os Hayedos primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa.
Parque Nacional de Garajonay
O parque nacional de Garajonay é un espazo natural protexido español que se estende por máis do 10 % da superficie da illa da Gomera, na comunidade autónoma de Canarias. Foi declarado como tal en 1981. Posteriormente, en 1986, a Unesco catalogouno Patrimonio da Humanidade Caracterízase por poseer un terreo a miúdo envolvido nunha húmida néboa, constituído por materiais basálticos, debidos a coadas e piroclastos, con diversos roques e fortalezas.
Conta con preto de 50 especies arbóreas, distribuíndose e mesturándose dando lugar a varios tipos de bosques diferentes: a laurisilva e ao fayal- brezal, un bosque máis seco e pobre en especies arbóreas.
Tamén alberga preto de 1000 especies de invertebrados, sendo unhas 150 endémicas deste parque.
Parque Nacional de Doñana
O parque Nacional de Doñana é un espazo natural protexido español situado nas provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz, Andalucía. Comprende tanto o Parque Nacional de Doñana (creado en 1969) como o Parque Natural de Doñana (creado en 1989 e ampliado en 1997). Conta cunha superficie de 122 487 ha, 54 251 ha de parque nacional e 68 236 ha de parque natural. A súa gran extensión de marismas acolle durante o inverno a numerosas especies de aves acuáticas, que adoitan alcanzar cada ano os 200 000 individuos.
Debido á súa privilexiada situación xeográfica entre 2 continentes e a súa proximidade ao lugar de encontro do Atlántico e o Mediterráneo, o estreito de Xibraltar, en Doñana pódense observar máis de 300 especies diferentes de aves ao longo do ano, ao ser lugar de paso, cría e invernada para miles delas (acuáticas e terrestres) europeas e africanas.
Parque Nacional do Teide
O parque nacional do Teide é un espazo natural protexido español situado na illa de Tenerife, Canarias. Foi declarado o 22 de xaneiro de 1954 como parque nacional. É o maior e máis antigo dos parques nacionais de Canarias e o terceiro máis antigo de España. En 2007 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3715 metros, é o pico máis alto de Canarias, de España e de calquera terra emerxida do océano Atlántico. É, ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base no leito oceánico.
Hayedos primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa
Os Hayedos primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa constitúen unha propiedade natural patrimonio da Humanidade de carácter transnacional composto por máis de cincuenta bosques, principalmente de haxas, distribuídos por unha ducia de países europeos.
Este sitio protexe os últimos vestixios dos bosques primarios templados que unha vez ocuparon gran parte do continente europeo.
Estes bosques mostran as pautas ecolóxicas máis completas e amplas e procesos de lugares puros de haxa europea cruzando unha variedade de condicións ambientais. Os bosques primarios de haxa dos Cárpatos son indispensables para comprender a historia e a evolución do xénero Fagus, que, dada a súa ampla distribución no hemisferio norte e a súa importancia ecolóxica, é globalmente significativo. Estes hayedos sen tocar, templados, son un dos elementos boscosos máis importantes do bioma boscoso de folla ancha templado.
O noso planeta existe dende hai miles de millóns de anos, e cambiou moito dende que se formou ata o que coñecemos hoxe en día. Grazas aos movementos das placas tectónicas, formáronse montañas, rifts, volcáns, lagos... e seguirá moito tempo máis.
Todas as montañas que ves hoxe en día (e as que xa non se ven) foron formadas hai moitísimos anos, e aínda van a cambiar máis.
O vulcanismo, un fenómeno que se está expandindo por toda España debido ao acontecemento da illa da Palma, ten a súa orixe na formación do noso planeta e aínda hoxe en día podemos seguir obsevando volcáns erupcionar. Preparei un rosco de palabras para que podades familiarizaros con todos os términos que rodean ao interior da Terra. Divertídevos xogando!
Ademáis, se queredes ver algún video informativo, déixovos un enlace a un Video
Son espacios naturais protexidos polos seus valores naturais ou turísticos. A súa declaración e xestión lle corresponde aos gobernos autonómicos. A súa protección permite a ocupación e as explotacións humanas baixo certas restriccións.
O primeiro parque natural internacional de Europa foi o parque nacional Pieniny, que foi fundado en conxunto por Polonia e Eslovaquia en 1932.
Galicia conta ata agora con 6 parques naturais rexistrados, sendo un deles o Parque Natural Fragas do Eume, un parque que conta con máis de 20 especies de helechos e 200 de líquenes. A veces a vexetación é tan tupida que apenas deixa pasar a luz. Pero este bosque umbrío e secreto é xeneroso como as súas aguas, fontes e cascadas. Sitúase no río Eume, que conta cunha lonxitude de 100 kilómetros.
Neste parque natural sitúase o Mosteiro de San Xoán de Caaveiro, que foi recientemente rehabilitado.
Se queredes aprender mais sobre os diversos parque naturais de Galicia, aquí tedes unha páxina con máis información: Páxina