Se crees que coñeces o noso sistema dixestivo e respiratorio resultarache doado realizar este test de 10 preguntas adecuado aos alumnos de 6 de primaria. Repasaras todos os contidos dunha forma interactiva e divertida. Espero que disfrutes do test.
martes, 22 de febrero de 2022
As reservas da biosfera
O Consello Internacional de Coordinación do Programa da UNESCO sobre o Home e a Biosfera, reunido en París do 27 ao 30 de maio, incorporou doce novos xacementos á súa Rede Mundial de Reservas da Biosfera, as denominadas “Mariñas Coruñesas” e Terras do Mandeo”. É dicir, que todo o territorio que rodea o municipio coruñés convértese nunha das 621 reservas repartidas polo noso Planeta, repartidas en 117 países. Xunto a esta nova reserva galega, dous xacementos máis: La Granja e El Espinar, na Serra de Gudarrama e Terras del Ebro en Cataluña, sitúan a España no segundo lugar do mundo para os países con máis reservas de biosfera.
As "reservas da biosfera", como a recentemente designada en Galicia teñen como función, ademais da conservación e protección da biodiversidade, o desenvolvemento económico e humano destas áreas, a investigación, a educación e o intercambio de información entre as distintas reservas, que conforman unha rede global. Na Declaración de Madrid sobre o Programa MAB da UNESCO e sobre a Rede Mundial de Reservas da Biosfera, entre outros chamamentos, formulouse a seguinte petición: que "o potencial de actuación das reservas da biosfera para abordar cuestións emerxentes como a perda de coñecemento e diversidade cultural, demografía, perda de terras cultivables, cambio climático, biodiversidade e desenvolvemento sostible; e, en particular, como lugares para investir e innovar, co obxectivo de mitigar o cambio climático e adaptarse a el, promovendo un maior uso das enerxías renovables en alternativas sostibles tanto no medio rural como urbano, ademais de incrementar e aproveitar os servizos e produtos ecosistémicos no desenvolvemento sostible para o benestar humano”.
Agora que a protección do medio ambiente non parece ser unha prioridade para moitos Gobernos e Administracións Públicas, confiamos en que este entusiasta proxecto permita poñer en valor e protexer o enorme potencial que ofrece esta marabillosa reserva da biosfera.
lunes, 21 de febrero de 2022
Coñeces ben as principais capas externas e internas da Terra?
Pensas que coñeces moito sobre as principais capas da Terra? Pois descúbreo con este pasapalabra sobre capas internas ou externas da Terra como a hidrosfera, atmosfera... Disfruta e aprende xogando!
viernes, 18 de febrero de 2022
Canto coñeces do medioambiente?
O medio ambiente é o conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capces de causar efectos directos ou indirectos, nun plazo corto ou largo, sobre os seres vivos e as actividades humanas. A humanidade interactúa intensamente co seu medio ambiente, xa que a nosa existencia depende totalmente de él.
Neste pequeno test, apto para todas as edades, podes pór a proba os teus coñecementos sobre o medio ambiente:
CURIOSIDADES PARA TODOS!
Canto sabes da dinámica externa da Terra e do relevo?
Os axentes xeolóxicos externos son sistemas fluidos, formados por auga, xeo e aire en movemento que realizan os traballos de erosión, transporte e sedimentación a favor da diferenza de enerxía potencial existente entre os diversos lugares da Terra.
Despois de recordar o básico dos axentes xeolóxicos externos que modelan a superficie terrestre, proba esta actividade para comprobar o que sabes:
Personaxes do entroido en Ourense
Neste xogo podes aprender a coñecer o entroido tradicional da provincia de Ourense.
Xoga e aprende!