martes, 8 de marzo de 2022

Feliz Día da Muller!

 

Este día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, loitemos co lema " Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" por todas as mulleres que hoxe se comprometen a buscar a igualdade e pelexar polos seus dereitos.

Este día conmemora a loita das mulleres pola sua participación íntegra na sociedade, e para celebralo os alumnos de 2º de bacharelato do colexio Padre Feijoo Zorelle queremos apoiar esta loita con unha imaxe que representa moitas das cualidades de todas as guerreiras do mundo. Dende a nosa nai, avoa, e todas as mulleres coas que nos relacionamos poseen estas características que as volven tan únicas. Esperamos que vos guste, e feliz 8 de Marzo!


Se queredes ver un pequeno video informativo sobre este día, podedes atopalo neste link.


martes, 22 de febrero de 2022

Coñeces como funciona o noso corpo?

Se crees que coñeces o noso sistema dixestivo e respiratorio resultarache doado realizar este test de 10 preguntas adecuado aos alumnos de 6 de primaria. Repasaras todos os contidos dunha forma interactiva e divertida. Espero que disfrutes do test.


As reservas da biosfera

 O Consello Internacional de Coordinación do Programa da UNESCO sobre o Home e a Biosfera, reunido en París do 27 ao 30 de maio, incorporou doce novos xacementos á súa Rede Mundial de Reservas da Biosfera, as denominadas “Mariñas Coruñesas” e Terras do Mandeo”. É dicir, que todo o territorio que rodea o municipio coruñés convértese nunha das 621 reservas repartidas polo noso Planeta, repartidas en 117 países. Xunto a esta nova reserva galega, dous xacementos máis: La Granja e El Espinar, na Serra de Gudarrama e Terras del Ebro en Cataluña, sitúan a España no segundo lugar do mundo para os países con máis reservas de biosfera.

As "reservas da biosfera", como a recentemente designada en Galicia  teñen como función, ademais da conservación e protección da biodiversidade, o desenvolvemento económico e humano destas áreas, a investigación, a educación e o intercambio de información entre as distintas reservas, que conforman unha rede global. Na Declaración de Madrid sobre o Programa MAB da UNESCO e sobre a Rede Mundial de Reservas da Biosfera, entre outros chamamentos, formulouse a seguinte petición: que "o potencial de actuación das reservas da biosfera para abordar cuestións emerxentes como a perda de coñecemento e diversidade cultural, demografía, perda de terras cultivables, cambio climático, biodiversidade e desenvolvemento sostible; e, en particular, como lugares para investir e innovar, co obxectivo de mitigar o cambio climático e adaptarse a el, promovendo un maior uso das enerxías renovables en alternativas sostibles tanto no medio rural como urbano, ademais de incrementar e aproveitar os servizos e produtos ecosistémicos no desenvolvemento sostible para o benestar humano”.

Agora que a protección do medio ambiente non parece ser unha prioridade para moitos Gobernos e Administracións Públicas, confiamos en que este entusiasta proxecto permita poñer en valor e protexer o enorme potencial que ofrece esta marabillosa reserva da biosfera.



lunes, 21 de febrero de 2022

Coñeces ben as principais capas externas e internas da Terra?

Pensas que coñeces moito sobre as principais capas da Terra? Pois descúbreo con este pasapalabra sobre capas internas ou externas da Terra como a hidrosfera, atmosfera... Disfruta e aprende xogando!



viernes, 18 de febrero de 2022

Canto coñeces do medioambiente?

O medio ambiente é o conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capces de causar efectos directos ou indirectos, nun plazo corto ou largo, sobre os seres vivos e as actividades humanas. A humanidade interactúa intensamente co seu medio ambiente, xa que a nosa existencia depende totalmente de él.

Neste pequeno test, apto para todas as edades, podes pór a proba os teus coñecementos sobre o medio ambiente:


CURIOSIDADES PARA TODOS!

 

Aquí vos deixo un educaplay, inspirado en que os nenos e nenas de primaria aprendan máis cousas de bioloxía e se divirtan ao mesmo tempo.
tamén sirve para os maiores, xa que nunca esta de máis saber canto domina un sobre o tema.

O xogo consiste en salva ao sapo, acertando as respostas.


Canto sabes da dinámica externa da Terra e do relevo?

Os axentes xeolóxicos externos son sistemas fluidos, formados por auga, xeo e aire en movemento que realizan os traballos de erosión, transporte e sedimentación a favor da diferenza de enerxía potencial existente entre os diversos lugares da Terra. 




A erosión é o proceso mediante o cal se produce un modelado característico do relevo, permitindo recoñecer os axentes xeolóxicos externos que actuaron nesa zona aínda que xa non están ahí. O transporte, sen embargo, é o desplazamento de sedimentos dende o lugar onde se produce a erosión ata onde se depositan. Por último, a sedimentación é o proceso no cal os sedimentos se depositan en determinadas zonas da superficie.

Despois de recordar o básico dos axentes xeolóxicos externos que modelan a superficie terrestre, proba esta actividade para comprobar o que sabes:





Se queres ampliar aínda máis os teus coñecementos;