domingo, 2 de febrero de 2014

Atopan novos planetas errantes e sen estrela!

Este descubrimento foi levado a cabo polos astrónomos da Universidade de Notre Dame dos Estados Unidos. Trátase de dez planetas que flotan illados no espazo e lexos de calquera estrela. Son corpos oscuros cunha masa similar a de Xúpiter que foron avistados despois de observar unha rexión no centro da Vía Láctea. Este número indica que estes astros poden ser máis comúns do que se pensaba.

Os astrónomos, liderados por David Bennet, publicaron un articulo na revista 'Nature' no cal indican que estes planetas puderon ser expulsados de sistemas solares en desenvolvemento.
A NASA ten prevista unha misión para o 2018, na que usará unha técnica chamada "microlensing" para atopar planetas flotantes similares a Terra na nosa galaxia.

Aquí vos deixo unha foto dos planetas cun enlace ca nova, fai click na imaxe:

   Foto: wikimedia

1 comentario: