jueves, 13 de noviembre de 2014

Doce anos despois, lembramos o desastre do Prestige en Galicia!

Autor: Stéphane M.Grueso
O desastre do Prestige fai referencia ao accidente do Prestige na proximidade das costas galegas. 
O 13 de Novembro de 2002, o petroleiro accidentouse logo dunha forte tormenta. Despois de 2 días de manobras e moito traballo, o petroleiro afundiouse con 77.000 toneladas de fuel a 250km da costa da Morte, o que provocou unha das catastrofes ambientais máis grandes da historia da navegación.
O derrame do petróleo do Prestige foi considerado o tercer accidente máis custoso da historia. Unha das causas que se supuxo pero nunca se demostrou, foi que a grieta do casco do Prestige fose provocada polo choque cun contenedor ou tronco de madeira debido a que horas antes uns barcos que transportaban ises materiais perderon parte do seu cargamento. Esta vertido de fuel supuxo que as costas galegas quedasen cunha cor negra debido ao petróleo. Isto causou un grave impacto medioambiental sobre as aves, tartarugas e mamíferos mariños, sobre actividades pesqueiras, na saúde das persoas e graves consecuencias sociais e económicas para os galegos! 

2 comentarios: