martes, 9 de diciembre de 2014

As medusas "inmortais"

Fallen
Autor: Justin Gaurav Murgai
O seu nome é Turritopsis nutricula e ainda que simple vista parece unha medusa normal, á hora de reproducirse, en lugar de morrer volven a súa forma de pólipo anterior. Esta medusa atópase en todos os océanos do mundo, dende Panamá ata Xapón, ainda que tamén se atoparon no mar Mediterráneo nas costas de España e Italia. 
Para volver "nacer", o seu corpo se encolle, os tentáculos se retraen e se dirixen  ao fondo mariño para volver empezar o ciclo.
No caso das células adultas, incluso os ovos e o esperma, disólvense para convertirse en formas máis sinxelas de sí mesmas e o organismo completo volve a ser novo. Nas probas de laboratorio, o cen por cen dos exemplares Turritopsis nutricula analizados maduraron e retornaron a xuventude moitas veces, sen perder ni unha sóa vez as súas características nin capacidades.
Moi curioso!

2 comentarios:

  1. Que prexuízos ocasionan a presenza destas medusas o entrar en contacto co ser humano?

    ResponderEliminar