jueves, 26 de marzo de 2015

Nitróxeno en Marte

Fuente:El Mundo
O vehículo da NASA 'Curiosity' que leva explorando Marte dende o ano 2012, detectou a presenza de Nitróxeno fixado en sedimentos a través da perforación de rochas e varios análises. Isto suxire que nalgún momento da historia de Marte houbo un ciclo de nitróxeno.
Trátase da primeira vez que se detecta nitróxeno en Marte pero é importante sinalar que é un nitróxeno marciano, é dicir, nitróxeno nativo. Un dos científicos que participan neste estudo cre que o tempo do 'Curiosity' en Marte prolongarase xa que todavía queda moito por descubrir e o que ata agora, son especulacións, moi pronto deixarán de seloXa todos sabemos a importancia que ten o nitróxeno para o desenrolo da vida e estudos coma este axudaránnos a saber se poido existir ou existe vida en Marte. Para obter máis información, déixovos este interesante vídeo, non deixedes de velo!


1 comentario: