jueves, 14 de mayo de 2015

Construíndo unha maqueta do ADN para a Semana da Ciencia do colexio!

O vindeiro 1 de xuño conmemórase o Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño o Día do Medio Ambiente, por iso o Colexio Padre Feijoo-Zorelle adicará esa semana a expór traballos de ciencias de tódolos niveis educativos.
Os Departamento de Bioloxía e de Tecnoloxía levará a cabo a elaboración dunha maqueta cun fragmento da "Dobre Hélice de ADN".
O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular!

Proceso:
  1. Nunha plancha de porexpán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
  2. Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
  3. Mercamos bolas de porexpán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
  4. Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
  5. Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
  6. Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira  que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
  7. O profesores de tecnoloxía e bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!   

 O vindeiro 1 de xuño exporémos a maqueta do ADN no hall do centro, xunto a todos os traballos de infantil, primaria, e secundaria e os alumnos de bacharelato tamén montaremos un stand onde exporemos e explicaremos as tarefas feitas neste blog: Proxecto Ciencia Activa!


3 comentarios:

  1. Tiveron que facer un grande esforzo para conseguilo. Bo traballo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ainda non se rematou, pero eso sí esfórzanse moito!

      Eliminar
  2. Looking forward to seeing the result!

    ResponderEliminar