domingo, 29 de noviembre de 2015

Viaxar ao futuro?

En todo o mundo celebrouse o día 21 de outubro a figura de Marty McFly e o seu Delorean, un viaxeiro na súa máquina do tempo versión ochenteira. Sabemos que o que aparece na película é ciencia ficción, pero sería posible viaxar ao futuro? Esta pregunta, os físicos levan facéndosea ao longo de todo a historia,  o que convén lembrar é que nestes meses hay un aniversario moito máis importante que o de Regreso ao futuro, é que neste novembro do 2015 cúmplense 100 anos desde que Einstein acabou a súa gran obra: a "Teoría da relatividade", nesta teoría Einstein describe as propiedades do espazo e o tempo.

 O que sabemos desde 1915(ano en que se enunciou a teoría) é que o espazo e o tempo mestúranse entre sí creando unha entidade nova chamada espazo-tempo, que ademais e dinámica. O espazo-tempo pódese deformar, un feito que nós percibimos como a forza da gravidade.

A realidade da deformación do espazo-tempo ponnos ante a posibilidade de facelo o noso antoxo. Neste sentido, podemos imaxinar fácilmente algunhas máquinas para viaxar ao futuro: basta con montarse nunha nave espacial suficientemente rápida, na que o tempo marcha máis despacio; según Einstein, de forma que á volta o viaxeiro se encontrase no futuro.

Outra posibilidade para viaxar ao futuro e ir a través dun burato negro. O problema e que… están lonxe e son perigosos, pero… e se nós fabricamos un? Despois de todo, calquer máquina que deforme o espazo-tempo e sexa “portátil”, como un Delorean, seguramente terá pinta de burato negro desde fóra, e por dentro sería un túnel con saída noutro lugar do espazo e outro momento do tempo.

 Este tipo de construcións coñécense como “buratos de gusano” e son rutinarios para os frikis da ciencia fición. O que non sóese dicir é que fabricar un do tamaño do Delorean requeriría unha enerxía equivalente a tomar 100 planetas como a Terra e comprimilos hasta que ocupan un espacio duns… ¡dous metros de diámetro! Certamente complicado...

A continuación déixovos un vídeo explicativo, en castelán:

6 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Interesante! Non tiña conocementos sobre este tema!

    ResponderEliminar
  3. Xa se creou un burato negro capaz de absorber o sonido. Igual non estamos tan lonxe de viaxar no tempo!

    ResponderEliminar
  4. Que interesante entrada, algún día podremos viaxar no tempo!!

    ResponderEliminar
  5. Que interesante entrada, algún día podremos viaxar no tempo!!

    ResponderEliminar