viernes, 29 de enero de 2016

Visítanos e entrevistamos á Doutora Cristina Losada!

 Pablo e Andrea gravando a entrevista a doutora Losada
O venres 29 de xaneiro contamos ca visita na aula da doutora Cristina Losada Pérez, ex-alumna do noso colexio e actualmente experta psiquiatra, que responde moi amablemente as nosas curiosidades no seguinte audio.
Ten moitas lembranzas da misma aula e profes, onde agora estamos nós, e cóntanos como os idiomas tiveron gran importancia na súa formación que lle permitiron facer o erasmus en Alemania e adicarse á investigación en Estados Unidos. 
A doutora C. Losada fálanos da súa forte vocación a mediciña e de como despois especialízase en psiquiatría e do seu traballo en Londres con enfermos esquizofrénicos e con transtorno bipolar. 
Na entrevista tanto no audio coma no vídeo gravado na aula (pendente rematar edición), onde nos visitou, é moi cariñosa contestou as nosas preguntas sobre depresións, adicións, transtornos aimentarios y de personalidad. 
Respecto as adiccións e as repercusións mentais nos adolescentes, a doutora Cristina Losada Pérez responde como, en moitos casos, o alcohol e o cannabis son causas principais dalgúns transtornos mentais.
Moi interesante a conversa con Cristina, a quen lle damos as grazas polo seu tempo e paciencia polos nosos erros. 
Felicidades doutora Cristina Losada Pérez pola túa exitosa carreira profesional! 
Noraboa Cristina eres un exemplo a seguir!
 






4 comentarios:

  1. Sempre é interesante escoitar os voso podcasts! Noraboa!

    ResponderEliminar
  2. Encantoume realizar esta entrevista, moitqs grazas Ana!

    ResponderEliminar
  3. Encantoume realizar esta entrevista, moitqs grazas Ana!

    ResponderEliminar