martes, 21 de marzo de 2017

22 de marzo- Día Mundial da Auga!

O Día Mundial da Auga celébrase o 22 de marzo desde 1993 como un medio para chamar a atención sobre a importancia e a defensa da xestión sostenible dos recursos da auga doce.
A creación deste día foi recomendado na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e Desenvolvemento (CNUMAD) de 1992 en Río de Janeiro. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas aceptou esta proposta e asignou o 22 de marzo de 1993 como o primeiro Día Mundial da Auga.

Cada ano, a ONU-auga, a entidade que coordina o traballo da Organización sobre a auga, destaca un aspecto particular sobre este tema.

O tema deste ano é "¿Por qué desperdiciar agua?". Concentrámonos no desperdicio da auga e como reducir e reutilizar ata un 80% da auga que malgastamos nas nosas casas, cidades, industrias e agricultura e que flúe entorno á natureza, contaminando o medio ambiente e perdendo nutrientes moi valiosos.


A auga é a substancia máis abundante da Terra e que se pode encontrar en 3 estados: líquido, sólido e gasoso. É indispensable para a vida xa que ningún ser vivo pode sobrevivir sen ela. Pero debido ás cantidades de residuos que botamos tanto ao mar, como ríos, etc. provocamos a súa contaminación.

A continuación déixovos este pequeno vídeo como axuda:




E agora pensade... Se todos axudamos a mellorar esta situación, tampouco sería tan dificil non? Tomade conciencia da importancia da auga e xuntos, conseguiremos que a auga nunca nos falte!

1 comentario: