martes, 10 de diciembre de 2019

Aparece escuma tóxica na India

Actualmente na India existe unha situación de alarma pola aparición dunha densa escuma branca na praia Marina Beach, en Chennai. Segundo os expertos do Centro Nacional de Investigación Costeira de Chennai, a causa deste fenómeno serían as choivas torrenciais dos últimos días, que precipitarían residuos sen tratar e fosfatos sobre o mar.

Gran parte da escuma procede de residuos de deterxentes mesturados con outros refugallos. Só un 40% das augas residuais de Chennai e de outras cidades no país se tratan adecuadamente. O resto flúe directamente cara o mar, ocasionando problemas como este.


Ante as imaxes de xente bañándose nas praias, a comunidade médica da India advertiu que esta escuma podía provocar problemas na pel. A pesar das advertencias, as centos de familias que viven amontoadas nas inmediacións desta praia ven a escuma tóxica como unha diversión e permiten aos seus fillos bañarse en Marina Beach, co gran perigo que iso supón.  



Non obstante, a aprición desta escuma non é un caso illado. Fórmase na época dos monzóns, pero este ano é particularmente grande, densa e tamén prexudicial para a saúde. As autoridades do país temen que se produza unha catástrofe similar á de 2017, onde milleiros de animais mariños morreron a causa da contaminación das augas nestas mesmas datas. Ademais, en ambas ocasións os ingresos dos pescadores víronse afectados, xa que os clientes desconfían da contaminación entre o peixe capturado.

Neste vídeo podes facerte unha mellor idea da cantidade de escuma presente nas praias e do perigo que supón para as persoas, en especial para os nenos e nenas: 



Se queres coñecer un pouco máis sobre esta noticia ambiental de actualidade, fai click aquí


No hay comentarios:

Publicar un comentario