martes, 4 de febrero de 2020

Que é o cambio climático?

Todo o día estamos a escoitar noticias sobre o cambio climático. Está a raza humana condenada? Como é posible, se fai máis ou menos o mesmo tempo que sempre? 

O cambio climático é o mal do noso tempo e as súas consecuencias poden ser devastadoras se non reducimos drasticamente a dependencia dos combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro. De feito, os impactos do cambio climático xa son perceptibles e quedan postos en evidencia por datos como:

- A temperatura media mundial aumentou xa 1,1° C desde a época preindustrial. 
- O período 2015-2019, segundo a Organización Meteorolóxica Mundial ( OMM), será probablemente o quinquenio máis cálido xamais rexistrado. 
- A taxa de subida do nivel do mar ascendeu a 5 mm ao ano entre 2014 e 2019.

https://es.greenpeace.org/es/
Pero hoxe tamén estamos a ver os impactos económicos e sociais, que serán cada vez máis graves, como: danos nas colleitas e na produción alimentaria, as secas, riscos na saúde, fenómenos meteorolóxicos extremos, como danas, tormentas e furacáns, mega-incendios... 


O cambio climático é un problema global que alcanza unha perspectiva ambiental, política, económica e social na que as peores previsións tamén implican enormes perdas económicas. E é que canto máis tardemos en actuar, moito máis elevadas serán os investimentos para a adaptación ao aumento da temperatura. 

O 79% das emisións de gases de efecto invernadoiro na Unión Europea son debidas á queima de combustibles para usos enerxéticos ou de transporte, segundo datos de Eurostat. Aínda en 2017, o 91% da enerxía usada en España proviña de fontes non renovables como combustibles fósiles ou enerxía nuclear.  


https://es.greenpeace.org/es/
O sector enerxético, debido ao seu uso de enerxías sucias, é un dos maiores contribuidores ao quecemento global. Unhas 90 empresas son responsables de case as dúas terceiras partes das emisións mundiais. En España seguen xerando boa parte da súa electricidade usando fontes non renovables. 

A revolución enerxética en mans da cidadanía é o camiño: coas enerxías renovables conseguiranse paliar os efectos do cambio climático e lograr unha eficiencia enerxética que xerará postos de traballo e reducirá os custos de electricidade. Necesitamos prescindir dos combustibles contaminantes e da enerxía nuclear e aumentar a participación da cidadanía para que se beneficie da transición renovable.

Algunhas medidas que podemos tomar resúmense na seguinte imaxe: 



Se queres obter máis información sobre este grave problema, entra neste artículo de Greenpeace.

No hay comentarios:

Publicar un comentario