Con motivo do II Festival Do Libro, os alumnos de Proxecto Ciencia Activa elaboramos esta animación na aula empregando a PDI e aportando ideas entre todos ("brainstroming"), co fin de reflexar a esencia do lema do festival deste ano: "Un libro, un viaje". A animación fixémola empregando Go-Animate e foi editada por Marcos Fernández Prieto na aula seguindo as ideas de todos os compañeiros. Disculpade os erros! Esperamos que vos guste!Tamén con esta infografía pretendemos promover o bó hábito da lectura e os seus beneficios na saúde!
lunes, 27 de abril de 2015
Vídeo animado e infografía para promover a lectura!
domingo, 26 de abril de 2015
Participación do P. Ciencia Activa no II Festival do Libro do Colexio
O II Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje" é un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que participamos todos os niveis educativos do centro. Dende as materias de Bioloxía e Xeoloxía e Ciencias do Mundo Contemporáneo, coordinados pola nosa profesora Beatriz Temes, realizamos as seguintes tarefas:- Vídeo promocional do Festival con entrevistas a profes, alumn@s e mensaxe coordinadora (1º BAC-Movie maker)
- II Concurso de presentacións Ciencia Activa (Participantes:3º e 4º ESO, e 1º BAC- Powerpoint/Googledrive)
- Elaboración videopoemas(1º BAC-Kizoa/ MovieMaker/ Animoto)
- I Concurso de Microrrelatos Científicos participantes: 3º e 4º ESO,e 1º BAC, 2ºBAC (Subidos a Issuu)
- Vídeo microrrelatos finalistas leídos por autores(Elaborado con editor vídeos de youtube)
- Elaboración do mural para expór os microrrelatos por 3º e 4ºESO, e 1ºBAC (Editado con Kizoa)
- Deseño e realización entrevista ao escritor Fernando Méndez (Grabada en Audacity e subida ao canal do Proxecto en Ivoox)
- Infografía sobre as vantaxes da lectura 1º BAC (Empregando Easely)
- Animación intentando representar o lema do Festival (Realizada na aula por Marcos en Go-animate, mediante "brainstorming"entre todos os alumnos 1ºBAC, grazas a PDI)
miércoles, 22 de abril de 2015
Conmemorando o Día do Libro co escritor: Fernando Méndez
Con motivo da celebración do Día do libro, no Colexio Padre Feijoo-Zorelle celebramos a II edición do Festival do Libro co lema: "Un libro, un viaje". Dentro da programación do Festival contamos ca presencia do escritor e xornalista galego, Fernando Méndez, autor de ensaios periodísticos, libros e traballos de investigación de distinta índole e varias novelas que leemos e traballamos no Colexio en cursos de secundaria e bacharelato.
Os alumnos e profesores tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-coloquio co escritor no centro, e ao rematar Fernando Méndez moi cordial, contestou a unhas preguntas realizadas por Patricia Ruibal e Belén Estrada alumnas de Proxecto Ciencia Activa.
No podcast, o escritor explica dun xeito claro e ameno algunhas características das súas novelas, e danos consellos moi interesantes sobre a importancia da ler e escribir.
Moitas grazas a Fernando Méndez polo seu tempo e amabilidade!
No podcast, o escritor explica dun xeito claro e ameno algunhas características das súas novelas, e danos consellos moi interesantes sobre a importancia da ler e escribir.
Moitas grazas a Fernando Méndez polo seu tempo e amabilidade!
viernes, 17 de abril de 2015
II Festival del Libro do Colexio Padre Feijoo
Os días 22, 23, 24 de abril todo o Colexio Padre Feijoo- Zorelle, celebra o II Festival do libro. Un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que participan os alumnos e profesores de todo o Centro, repetindo a experiencia enriquecedora do I Festival do Libro.Os alumnos de Proxecto Ciencia Activa queremos con este vídeo reflexar unha pequena parte dos proxectos e actividades que se están levando a cabo, e compartir o ambiente de preparación ao Festival dende as aulas ao exterior!
Moitas grazas á coordinadora do Festival, Ana Losada, ás profes e a todos os compañeiros por atendernos tan amablemente, e por suposto á actriz e contacontos Raquel Queizás.
lunes, 13 de abril de 2015
Xornadas Escola Tic 2015
O noso Proxecto estará presente nas Xornadas Escola Tic 2015 co seguinte cartel, nun espacio habilitado para promocionar experiencias de uso das tics na aula, as xornadas terán lugar o 17 e 18 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia ( Santiago de Compostela).
jueves, 26 de marzo de 2015
Nitróxeno en Marte
![]() |
| Fuente:El Mundo |
Trátase da primeira vez que se detecta nitróxeno en Marte pero é importante sinalar que é un nitróxeno marciano, é dicir, nitróxeno nativo. Un dos científicos que participan neste estudo cre que o tempo do 'Curiosity' en Marte prolongarase xa que todavía queda moito por descubrir e o que ata agora, son especulacións, moi pronto deixarán de selo. Xa todos sabemos a importancia que ten o nitróxeno para o desenrolo da vida e estudos coma este axudaránnos a saber se poido existir ou existe vida en Marte. Para obter máis información, déixovos este interesante vídeo, non deixedes de velo!
jueves, 19 de marzo de 2015
Eclipse solar- 20 de marzo do 2015
Escoitade este podcast que informa do singular eclipse solar que poderemos apreciar mañá, especialmente dende Galicia.
Martín Outeiriño, David Antelo e Belén Estrada resumimos o máis relevante do eclipse solar previsto para o 20 de marzo e repasamos as precaucións que debemos ter, non o perdades!!
Martín Outeiriño, David Antelo e Belén Estrada resumimos o máis relevante do eclipse solar previsto para o 20 de marzo e repasamos as precaucións que debemos ter, non o perdades!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
%2B(1).jpg)
