viernes, 5 de junio de 2015

Charla sobre o procesamento de imaxes e vídeo e a utilización de drons!

 Iván Gómez Conde é doutor en Informática con mención Internacional no campo da visión artificial. Actualmente traballa como docente na Universidade de Vigo e fai tarefas de investigación no grupo MILE (bioMedical Informatics and signaL procEssing)
Iván Gómez impartiunos unha interesante charla con dúas partes ben diferenciadas: 
Primeiro falounos das súas investigacións sobre procesamento de imaxes e vídeos, e despois explicounos qué é un dron e as súas utilidades.
Interesante cómo o diseño de algoritmos matemáticos son esenciais en enxeñería informática e como se precisan para a interpretación de supostos prácticos como o diseño de cámaras que detecten o movemento humano e diferencien as accións que se realizan, e como esto se pode usar como sistema de vixilancia de persoas que vivan soas. Foi un dos exemplo que Iván Gómez nos espuxo, tamén falamos de videoxogos!
Aínda que o máis sorprendente da ponencia foi a explicación de que é un dron, as partes e alguha das utilidades, com o seu uso para  detección de incendios. O feito de ver o dron e o mando interesounos a todos!
O remate da conferencia os compañeiros David Antelo e Daniel Otero fixeron unha entrevista ao conferenciante que resume os puntos básicos da charla, podemos escoitala neste podcast:


GRAZAS IVÁN!
Iván Gómez Conde cos alumnos do Proxecto Ciencia Activa
GRAZAS IVÁN! 



3 comentarios:

  1. tenemos que comprarnos un drone para el proyecto jajajajajaja

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Have you seen the use of drones in China?
    They're being used to watch the university entrance exams!

    ResponderEliminar