martes, 2 de junio de 2015

Proxecto de elaboración maqueta de ADN: "Coñecendo ao ADN"

Preparando o stand "Ciencia Activa"
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia no Colexio Padre Feijóo-Zorelle, os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía coordináronse na elaboración dunha gran molécula de ADN na que participaron alumnos de secundaria e de bacharelato.
Os alumnos do Proxecto Ciencia Activa participaron na montaxe, pintura e elaboración do documento coas explicacións básicas da composición do ADN, o concepto dun xen, e os conceptos precisos para entender a maqueta. Aquí pódese ver o dosier explicativo subido en Issuu:

No seguinte vídeo recollemos un resumo desta tarefa realizada durante as tres últimas semanas do mes de maio. Como obxectivos deste proxecto destacar o traballo colaborativo entre os Departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía, e a implicación de alumnos de secundaria e bacharelato. A molécula permanecerá no hall ata o venres e levarase ao laboratorio de Ciencias Naturais.


6 comentarios:

  1. La molécula de ADN está chulísima y participar fue estupendo.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  3. Impresionante la molécula de ADN, chicos. Es espectacular. Y si a eso sumamos el vídeo, el resultado es inmejorable. Enhorabuena de nuevo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas!! A música do vídeo é o himno do colexio interpretado polos nenos do coro e o fan moi ben!

      Eliminar