martes, 12 de noviembre de 2019

As castañas como depuradoras na auga!

Castañas, Fruta, Castaño, Naturaleza, Árbol
Fuente: Pixabay
Existen dúas alternativas para a eliminación de contaminantes en contornas acuáticas: as técnicas de adsorción e a de biorremedicación. O principal problemas destes procesos é o elevado custe dos materiais adherentes, o que motivou a tese doctoral da científica galega Marta Covas.
A súa tese abrangue unha técnica físico-química, a adsorción, e unha técnica microbiolóxica, a degradación a través de fungos.
No caso das técnicas de adsorción, esta investigadora apostou por analizar as potencialidades da materia de baixo custe como os residuos naturais ou industriais. Deste xeito, analizou a capacidade de adsorción de arxilas, biomasa e algas. Poe último,traballou tamén cun residuo agroindustrial, a cáscara da castaña.
Marta Covas, seleccionou diversos contaminantes, como os das augas, que presentan certa toxicidade para os diferentes organismos acuáticos.
No eu estudo a investigadora analizou a capacidade de adsorción da cáscara da castaña, e resultou ser a que tiña as mellores propiedades e aplicouna a un sistema físici-químico para a eliminación de metais pesados e praguicidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario