jueves, 14 de noviembre de 2019

Un asteroide do tamaño dun rañaceos! No 2020 solucións ao cambio climático?

Sabías que o pasado mes de outubro sucediu algo impactante? Un asteroide do tamaño dun rañaceos pasou preto da Terra!
La roca 1998 HL1
Fonte: ABC


Aproximadamente, a roca denominada 1998 HL1, ás 19:17 situouse a 6,21 millóns de quilómetros do noso planeta.
Segundo a NASA, este asteroide considérase "potencialmente perigoso" porque pode realizar "achegamentos ameazantes á Terra".
O paso deste obxecto preto do planeta Terra non supuxo ningunha ameaza. Esta roca mide uns 550 m de diámetro, practicamente como un rañaceos. Debido á relativamente curta distancia á que pasou e a gran dimensión do obxecto, púidose observar ata con telescopios pequenos. The Virtual Telescope Project, un observatorio online fundado polo astrofísico Gianluca Masi, fixo esta magnífica gravación na que se pode ver o percorrido do asteroide:

  
O sobrevoo do asteroide este mes de outubro do 2019 é o máis próximo ata o 26 de outubro de 2140, cando estará a uns 6,18 millóns de quilómetros da Terra. Este asombroso paso do asteroide deixou unha clara pegada na historia espacial!

No 2020 atoparemos solucións ao cambio climático? Outra nova que me parece importante salientar neste audio:



No hay comentarios:

Publicar un comentario