O equipo do IBV-CSIC analizou todos os xenes da bacteria, comparando posteriormente os resultados obtidos con datos clínicos previos. Todo, mediante unha novidosa técnica de xenómica funcional que, amais, permitirá evaluar nuevos fármacos contra la enfermedad y anticiparse a posibles resistencias.
Mycobacterium tuberculosis - Wikipedia |
Publicados en Communications Biology, os resultados deste estudo teñen permitido atopar unha serie de novos xenes que aínda non se vencellaran á resistencia fronte á isoniazida. Xunto á rifampicina, ambas constitúen os dous antibióticos máis importantes no tratamento da tuberculose e para os que aínda non existe unha alternativa viábel.
Os resultados do estudo validáronse utilizando unha colección global de cepas de tuberculose, proporcionando probas experimentais respecto dos xenes específicos que poden producir un fenotipo de resistencia particular. Grazas a unha gran cantidade de datos sobre mutacións na bacteria, os investigadores conseguiron relacionar os xenes obtidos neste traballo con datos clínicos.
No traballo colabora a Fundación para o Fomento da Investigación Sanitaria e Biomédica da Comunitat Valenciana (Fisabio).
Para rematar, déixovos un breve vídeo que explica o que é a tuberculose:
Fontes consultadas:
- GCienca
- CSIC
- Sputnik
No hay comentarios:
Publicar un comentario