jueves, 2 de diciembre de 2021

Tiburón branco en Galicia?

 

 Aparece tiburón branco na Coruña 


A finais de setembro, un home  a bordo dunha embarcación no  porto de Punta Langosteira, en Arteixo, rexistrou unha imaxe  dun exemplar de tiburón branco, duns cinco metros de lonxitude o que supoñía o primeiro rexistro desta especie nesta zona do Atlántico. 20 días despois, repetiuse un avistamento que é moi pouco frecuente: un pescador que se atopaba a 10 millas da costa de Ribadesella rexistrou este sábado 16 outro xigante branco.

O diario El Comercio,  entrevistou ao pescador, que di. “Cando me pasou por baixo xa vin que non era un marraxo; era gris por riba e branco por baixo, impresionante”, conta Juan Carlos González, que destaca como o animal chegou a bater co casco da embarcación.

Expertosl contemplan a posibilidade de que se trate do mesmo animal avistado no porto exterior da Coruña. O presidente da Protección de las Especies Marinas, Luis Laria, cre que é “case seguro” que o animal que navegou por augas galegas continuase o seu periplo. Pola súa parte, o director do Centro Oceanográfico de Gijón,  lembra que os únicos rexistros son o da Coruña e outro realizado anos atrás no Mediterráneo.

Fonte da nova


Aquí tedes unha ligazón a un vídeo do tiburón



No hay comentarios:

Publicar un comentario