jueves, 16 de octubre de 2014

Día Mundial da Alimentación 16 outubro

O 16 de outubro de 1945 creouse a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), por iso este día foi elexido coma o Día Mundial da Alimentación e conmemorouse por primeira vez en 1981.
No 2014 iste día céntrase na atención Mundial da Agricultura familiar co fin de erradicar a fame e a pobreza, fomentando nos países pouco desenvolvidos a capacidade de ser productores dos seus propios recursos agrícolas.


 Autor: Agencia de Noticias Inter Press Service
O 56% da producción agrícola mundial é familiar. A agricultura familiar abarca todas as actividades familiares que están vinculadas ao desenvolvemento do ámbito rural coma: agricultura, actividade forestal, pesca, producción pastoral e producción acuícola. 

É moi importante defender e resaltar estas actividades sempre dende un punto de vista sustentable, coma garantía de coidado do planeta e de alimentación para millóns de persoas!


Autor:Hebe Aguilera 
                                 


   Nota: No noso colexio lévase a cabo o Proxecto Si, co fin de desenvolver hábitos alimentarios saudables, dentro dun plan de saúde integral. Escoita o podcast do noso canal que explica con claridade en que consiste, e tamén podemos consulta o proxecto no seguinte enlace: PROXECTOS DE CENTRO do Colexio Padre Feijoo Zorelle.
 
                                                    

2 comentarios:

  1. En épocas de fame o longo da historia, a agricultura familiar foi o único sustento de moitas persoas!

    ResponderEliminar
  2. E grazas a agricultura podemos comer cousas diferentes.

    ResponderEliminar