viernes, 3 de octubre de 2014

Erupción vocánica en Xapón

Neste último mes de setembro producíuse a erupción do volcán xaponés Ontake, que foi a segunda catástrofe volcánica máis grande do país, e cobrouse a vida de máis de 40 persoas, ademáis de numerosos feridos e desaparecidos.

O Monte Ontake onde se atopa o volcán que leva o mesmo nome, está situado na illa de Honshu a uns 100 km da cidade de Nagoya e a uns 200 km de Tokio . Conta cunha altura de 3067 m sendo o segundo máis alto do Xapón, tras o Monte Fuji, que conta cunha altura de 3776 m.

Compre salientar que o pais nipón atópase no coñecido como "Cinturón de Fuego del Pacífico" que se caracteriza pola continua actividade sísmica e volcánica.
Deixo este vídeo curto con imaxes que poden dar unha idea das dimensións da erupción: 

video

2 comentarios:

  1. menos mal que en Galicia non hai risco de terremotos!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non estamos en límite de placas, pero si hai fracturas que poden provocar seísmos, aunque por suposto de pouca magnitude.

      Eliminar