. |
Proxecto Ciencia Activa CURSO 2014-2015 |
Proxecto Ciencia Activa curso 2013 -2014 |
Curso 2015-2016 |
Proxecto Ciencia Activa CURSO 2016-2017 |
Curso 2017-2018 |
Todos os alumnos son os contribuintes, que procuran semanalmente facer algunha aportación sobre temas de ciencias, actualidade, novas, e outras actividades que se fan na aula coma conferencias, visitas,... Cada alumno elixe o tema dos seus post de xeito individual e o tema de cada podcast en grupo de dous ou tres alumnos.
É unha boa ferramenta para publicar os traballos feitos polos alumnos coma vídeos, infografías, crucigramas, presentacións, que explican aos compañeiros a través da pizarra dixital na aula.
Tamén empregamos o blog para realizar tarefas guiados pola profesora da materia, algunhas a través de twitter ou outras ferramentas.
Ciencia Activa é unha fiestra dende a clase ó resto da comunidade educativa, pais, profesores e outros alumnos do Centro. O feito de estar presente o enlace do blog e do canal de ivoox, na web e redes sociais do Colexio, tamén motiva ós alumnos a traballar nel.
Desexamos con este proxecto fomentar o traballo en equipo, así como participar de xeito cooperativo con outros proxectos do Centro, e aumentar as inquietudes polo aprendizaxe, a creatividade e a curiosidade de tod@s.
Esperamos que vos guste!
Good teams!
ResponderEliminar