Mostrando entradas con la etiqueta RÍO EUME. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RÍO EUME. Mostrar todas las entradas

sábado, 28 de noviembre de 2020

Contaminación no Río Eume!


(Fonte da imaxe)


 Emerxencia no río Eume pola contaminación na auga. Augas de Galicia declarou a situación de alerta para analizar o episodio, que levou a prohibir o consumo de auga da traída en Pontedeume. Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta, realizou este mércores a declaración de emerxencia por mor do episodio de contaminación que ten lugar desde hai semanas no río Eume, dentro da área do Parque Natural, onde a finais de setembro se detectou un episodio de turbidez que levou a prohibir o consumo de auga da traída no Concello de Pontedeume desde o pasado sábado 10.

+Información que da o Concello De Pontedeume


A situación, denunciada por entidades como Colectivo Terra e Adega, prodúcese na contorna do encoro da Capela, baixo concesión da empresa Endesa. Estas asociacións ecoloxistas atribúen o episodio á persistencia de lodos procedentes da explotación mineira das Pontes, “resultado das verteduras da mina e dos arrastres e escorrentías arredor do enorme oco mineiro”, que agora pasa augas abaixo do encoro, segundo Adega. O Colectivo Terra, pola súa banda, documentou a situación desde finais de setembro, e ten en marcha análises para indagar a composición dos lodos atopados.


Foi o día 10 cando o concello eumés anunciou a prohibición do consumo da auga potable, despois dunha análise da empresa concesionaria “na que se constata que o nivel de turbidez aumentou dende onte ata superar o máximo establecido” pola lexislación. Posteriormente, acometeuse un tratamento provisional na zona de captación da traída e instaláronse barreiras para reducir a turbidez e permitir a potabilización da auga, aínda que na tarde do mércores, o Concello mantiña vixente a prohibición no consumo.

(Fonte da imaxe)


Coa declaración da emerxencia, Augas de Galicia prevé adoptar “as medidas necesarias para reducir os niveis de turbidez” e “permitirá acometer as actuacións de emerxencia necesarias na estación de tratamento de auga potable para conseguir, á maior brevidade posible, que a auga volva ser apta para o seu consumo e se poida restablecer o servizo de abastecemento á poboación”.




Do mesmo xeito, o organismo da Xunta anuncia a creación dunha comisión técnica “na que estarán representados os técnicos de Calidade das Augas da Administración autonómica, a empresa responsable da xestión do encoro, o Concello de Pontedeume e a concesionaria do sistema de abastecemento municipal”. Xa traballaron na zona especialistas en emerxencias ambientais acompañados de técnicos de Calidade das Augas da Xunta co obxectivo de analizar en detalle a situación a valorar as medidas que se poden adoptar para mellorala.

A propia conselleira de Infraestruturas e Mobilidade,  Ethel Vázquez, desprazouse o martes a Pontedeume para supervisar os traballos. Explicou que, desde un primeiro momento a Xunta deu instrucións á empresa explotadora para que adoptase as medidas pertinentes para acabar o antes posible coa situación de turbidez xerada e adiantou que a Xunta abriu unha investigación co obxectivo de esclarecer as causas da turbidez do río e adoptar as medidas que correspondan.

(Fonte da imaxe)

 ⏩E así é como debería de estar o Río Eume, temos que coidar a natureza galega. Todo vai ir a peor se non nos esforamos un pouco!‼️