lunes, 18 de febrero de 2019

150 anos ca táboa periódica!

A primeira táboa periódica elaborouna o químico ruso Dmitri Mendeleiev en 1869. Tratábase dunha ordenación, segundo o peso atómico -do máis lixeiro ao máis pesado-, dos elementos en varios grupos nos que parecían repetirse as propiedades químicas de maneira periódica. Hai que ter en conta que o electrón non se coñecía aínda e a estrutura interna do átomo era un misterio.

A partir desta ordenación e, máis concretamente, dos ocos que quedaban na táboa, Mendeleiev predixo a existencia de varios elementos que, aínda que por entón eran descoñecidos, terían que existir para encher eses ocos. O xenio ruso utilizou os prefixos eka-, dvi-, e tri- (do sánscrito: un, dous e tres) para designar aos elementos que debían situarse un, dous ou tres lugares por baixo dun elemento coñecido da táboa. 

Tales elementos foron descubríndose poucos anos despois e designados con novos nomes. Así o eka- boro predito por Mendeleiev resultou ser o escandio; o eka- alumino o galio; o eka- manganeso o tecnecio; e o eka-silicio o germanio. A identificación de tales elementos constituíu un éxito espectacular para Mendeleiev e a súa táboa, que desta maneira entraron pola porta grande na Historia da Ciencia. 

No Big Bang, tan só formáronse partículas moi elementais que, ao cabo de tres minutos, formaron os átomos máis lixeiros: o hidróxeno, o helio e pequenas cantidades de litio. O resto dos elementos fóronse formando nos astros por diferentes procesos nucleares. Se nos fixamos no corpo humano, seis de cada 10 átomos son hidróxeno e, por tanto, proceden directamente do Big Bang. O carbono do noso ADN, o osíxeno dos nosos músculos e o ferro do noso sangue creáronse nas estrelas. 

En definitivas contas, a composición do noso corpo está escrita a historia do universo.


Aquí déixovos máis información.

Grazas a Dmitri Mendeleiev por elaborar a primeira táoba periódica da historia xa que agora traballamos a diario con ela!

Vídeo: 

martes, 12 de febrero de 2019

Charles Darwin, o pai das Teorías Evolutivas!

O día 12 de Febreiro de 1809 naceu Charles Darwin reconocido por ser o científico máis influente dos que plantexaron a idea da evolución biolóxica a través da selección natural, justificándoa na súa obra de 1859 "El origen de las especies" con numerosos exemplos extraídos da observación da natureza. Postulou que todas as especies de seres vivos han evolucionado co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural. A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica e por boa parte do público na vida de Darwin, mentres que a súa teoría da evolución mediante selección natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930. 

Actualmente constitúe a base da síntese evolutiva moderna. Cas súas modificacións, os descubrimentos científicos de Darwin aínda seguen sendo o acta funcional da bioloxía como ciencia, posto que, constitúen unha explicación lóxica que unifica as observacións sobre a diversidade da vida.

Con apenas 16 anos Darwin ingresou na Universidade de Edimburgo, ainda que paulatinamente foi deixando de lado os seus estudos de medicina para dedicarse á investigación de invertebrados marinos.
 Durante os seus estudos de medicina, asistiu dúas veces a unha sala de operacións no hospital de Edimburgo e fuxiu de ambas deixándolle unha profunda impresión negativa.
Intrigado pola distribución xeográfica da vida salvaxe e polos fósiles que recolectou no seu periplo, Darwin investigou sobre o feito da transmutación das especies e concebiu a súa teoría da selección natural en 1838. Aínda discutiu a súas ideas con algúns naturalistas, necesitaba tempo para realizar unha investigación exhaustiva, e os seus traballos xeolóxicos tiñan prioridade. Atopábase redactando a súa teoría en 1858 cando Alfred Russel Wallace envioulle un ensaio que describía a mesma idea, urxíndolle Darwin a realizar unha publicación conxunta de ambas teorías.

Aquí deixovos un vídeo onde falan da evolución según Charles Darwin:


martes, 5 de febrero de 2019

Unha das rochas máis antigas da Terra veu da Lúa!

Encontran unha das pedras máis antigas da nosa Terra na Lúa! Foi traída polos astronautas no 1971.
Esta roca, traída por los astronautas en 1971, podría contener un pequeño fragmento de la Tierra primitiva
ABC ciencia
 Un novo estudo suxire que un deses fragmentos de material garda no seu interior un pequeno anaco do noso planeta, da Terra primitiva. Un que con toda probabilidade foi expulsado pola Terra como consecuencia dun gran impacto sucedido fai máis de 4.000 millóns de ano.
Acharon que unha das rochas contiña un pequeno fragmento de apenas dous gramos de peso feito de cuarzo,  feldespato e  circón, materiais moi raros na lúa pero extraordinariamente comúns na Terra.


As análises químicas indicaron que ese pequeno fragmento cristalizara nun ambiente moi rico en óxido, consistente coas rochas que se atopan no subsolo próximo á Terra primitiva. As análises, ademais, indican que esa cristalización produciuse entre fai 4.000 e 4.100 millóns de anos a un 20 km baixo a superficie terrestre, e que despois foi lanzado ao espazo como consecuencia dunha poderosa colisión.

A roca foise abrindo paso a través do espazo en dirección á Lúa, que naqueles momentos estaba tres veces máis preto da Terra que na actualidade ( a Lúa aínda se segue afastando de nós, a un ritmo de 3,8 cm por ano). Tras a súa chegada, o fragmento de superficie terrestre seguiu sufrindo "traumas": derretiuse parcialmente e posiblemente quedou enterrado na lúa como consecuencia doutro impacto fai uns 3.900 millóns de anos, para volver saír á luz debido a outra colisión máis recente, fai uns 26 millóns de anos.


Segundo os investigadores, foi precisamente este último impacto o que creou o chamado  Cone Cráter, de 340 metros de diámetro e cuxos arredores foron explorados en 1971 polos astronautas Alan Shepard e Edgar Mitchell.
Por que están tan seguros os científicos de que esa pequena pedra vén da Terra e non se formou na propia Lúa?
 Sinxelamente porque, tendo en conta os resultados das análises e as coincidencias temporais, é a explicación máis sinxela e probable. Pensar que a pedra naceu na propia Lúa, en efecto, supoñería ter que reformularse todo o que sabemos sobre as condicións do noso satélite fai miles de millóns de anos.