viernes, 27 de octubre de 2017

Ardeu Galicia este mes de outubro!

A realidade actual en Galicia, Asturias e o norte de Portugal é dramática, pola cantidade de héctareas queimadas neste mes de outubro. Unha grave situación viviuse en Galicia a mediados de outubro, medo, destrucción, perigo... en definitiva unha situación límite e desesperante , como podemos ver neste vídeo dos informativos da televisión española:



A concienciación ciudadán e moi importante para evitalos, así como a meteoroloxía e a ordenación territorial as medidas de política forestal que poden incrementar os riscos de incendios senón son medidas axeitadas.
O risco de incendio en Galicia ten unha clara distribución espacial e temporal, que ten que ver coa propagación e coa meteoroloxía e os tempos de perigo.

DECÁLOGO BÁSICO PARA A PREVENCIÓN
Incendio en Vigo outubro 2017

  1. Non tirar cabichas ao chan.
  2. Non prender lume no monte.
  3. Se tes que facer unha queima solicitar autorización.
  4. Non empregar maquinaria forestal en época de perigo, que poida provocar un incendio.
  5. Cumplir as restricións de acceso as zonas forestais.
  6. Se empregas lume extrema os coidados.
  7. Se hai un lume chamar ao 112.
  8. Lembrar que a seguridade é o mais importante, non traballar só.
  9. En épocas de perigo non empregar ferramentas que podan xerar chispas.
  10. Non deixar lixo no monte.
Os incendios forestais causan pérdidas graves e cuantiosas, as consecuencias son moi negativas sobre a natureza,pois destrue a vexetación, mata aos animais do bosque, elimina a vida no chán, contamina as augas e finalmente daña ao aire para respirar.
Entre os gases contaminantes están, o dióxido o monóxido de carbono, metano e o óxido de nitróxeno.
Os efectos negativos dun incendio duran anos e cambian a vida das persoas que viven nas zonas afectadas.

Se calcula que máis do 95% dos incendios forestais son causados por as actividades humanas, como limpeza de malezas, queimas de pastos, habilitación de barbeitos e desmontes.
 Os incendios son provocados porque non se toman as medidas de seguridade e os coidados precisos para facer o uso do lume.

Neste audio as autoras desta entrada Ariana e Lara de 1ºde Bac explicamos algunhas accións que se deben evitar despois dun incendio:



LARA E ARIANA ELABORANDO ESTE POST


viernes, 6 de octubre de 2017

O Nobel de Medicina 2017!

Os investigadores estadounidenses Jeffrey C. Hall, Michael Rosbash e Michael W. Young son os gañadores do Premio Nobel de Medicina 2017 por os seus descubrimentos sobre o funcionamento dos chamados ritmos circadianos. Máis concretamente, según o fallo da Academia Noble do Instituto Karolinska, por as achegas dos mecanismos moleculares que regulan o ritmo circadiano, e os xenes que as determinan.
Rosbash, de 73 anos e natural de Missouri, obtuvo o seu doctorado en 1970 no Massachusetts Institute of Technology de Cambridge. Hall, de 72 anos, naceu en Nova York realizou as súas investigacións en Maine, hoxe está xubilado. Young, de 68, naceu en Miami, e adicase o ensino desde 1978 na Universidad Rockefeller.

Unha gran parte dos xens do home están regulados polo reloxo biolóxico e, en consecuencia, por un ritmo circadiano calibrado que adapta as necesidades fisiolóxicas as diferentes fases do día, ou o que é o mesmo, a rotación da Terra. Desde os primeiros descubrimentos realizados polos tres galardonados co Nobel a Bioloxía Circadiana converteuse nun campo de investigación vasto e dinámico, con implicacions para a saúde e o benestar.

Iste reloxo interno regula funcions críticas, tales como o comportamento, os niveis hormonales, o soño, a temperatura corporal e o metabolismo. Polo tanto, o benestar do home vese afectado si existe un desaxuste temporal entre o entorno externo e iste reloxo biolóxico interno. Un exemplo é cando viaxamos a través de varias zonas horarias e experimentamos o chamado "jet lag". Tamén hai indicios de que a desalineación crónica entre os modos de vida e o reloxo interno asociánse cun maior risco de sufrir enfermidades.

Neste audio Alejandro, Adriana, Noemí e Ana fanse eco da nova do Premio Nobel:

lunes, 2 de octubre de 2017

Os novos contribuíntes do Proxecto Ciencia Activa

Os alumnos de primeiro de bacharelato estamos a aprender a crear as nosas propias entradas no blog, ainda que algúns dos contribuíntes xa participaran no blog de Ciencia Activa, ESO é!
Iniciamos o curso aprendendo como se fai unha entrada, cómo pomos unha  imaxe, engadindo enlaces a fotos ou texto ou insertando videos, sempre respectando o formato de texto e etiquetado que é característico da nosa bitácora. Tamén temos que xestionar o canal de podcast , e pouco a pouco ir vencendo as dificultades a hora de realizar todas estas tarefas .

Cheos de ilusión afrontamos con responsabilidade a xestión de este blog de alumnos de Bacharelato do colexio Padre Feijo Zorelle.
Somos : Geovana, Lara, Alejandro, Ariana, Adriana, Noemi, Ana e Daniel.
Esperamos que sigades o noso blog e as novas do Proxecto nas redes sociais.
                         
                              Grazas amig@s de Ciencia Activa!