Queres saber máis da bioloxía? E pasandóo ben á vez? Xoga a este test sobre os ecosistemas. Moita sorte e moitas grazas por participar!!
sábado, 27 de febrero de 2021
jueves, 25 de febrero de 2021
E ti sabes en qué novo proxecto vai participar a Universidade de Vigo?
Fonte da imaxe |
Imaxes do pozo de Marius Hills captadas polo Lunar Reconnaissance Orbiter da NASA. O pozo ten uns 34 metros de profundidade e 65 por 90 metros de ancho (Foto: ESA) |
Fernando Aguado, responsable da Agrupación Aeroespacial da UVigo (fonte) |
viernes, 19 de febrero de 2021
Repaso da materia!
Déixovos un test co que poderedes repasar a materia que levamos estudada ata agora dun xeito máis divertido. Moito ánimo!
O ciclo celular e algunhas curiosidades.
jueves, 18 de febrero de 2021
Repasa as dispersións e as disolucións
Ola a todos, publico esta actividade para aqueles que queiran prácticar un pouco esta lección
Tipos de enerxía!
Ola a todos, se vos apetece, aquí tendes un xogo sobre as enerxías que usamos no noso día a día.
Relaciona energías renovables y no renovables
Las energías renovables proceden de recursos naturales y reducen la contaminación, siendo capaces de renovarse a través de medios naturales, mientras que las no renovables se encuentran en cantidades limitadas y son muy contaminantes. Este es un relaciona sobre las principales energías renovables y no renovables.
Relaciona sobre a información ambiental
Considérase información ambiental toda información escrita, sonora, visual, electrónica ou en calquera outro formato que trate principalmente sobre o estado dos elementos do medio ambiente, así como os factores que afectan ou poden afectar os elementos do medio ambiente. Para levar a cabo esta labor existen diferentes métodos e ferramentas para obter información do medio, os cales están presentes neste relaciona.
Por qué razóns tes que vacinarte contra a covid-19?
A campaña de vacinación fronte ao virus causante da Covid-19 está en marcha. Pero a eficacia das vacinas non depende unicamente dos científicos. Tamén depende de nós. Por que me vou a vacinar?
Enlace da foto |
- Polas persoas que me rodean: mulleres embarazadas, nenos pequenos e o 7% dos adultos (inmunodeprimidos) que non se poderán vacinar antes. Se non me vacino, estou a poñer en perigo a todas esas persoas. Contan connosco para diminuír ou evitar un perigo real.
- Porque no ensaio clínico de fase 3, esta vacina foi xeralmente ben tolerada e o comité independente de seguimento de datos non atopou problemas graves de seguridade. No ensaio participaron 44.000 persoas. Nestes ensaios clínicos determinouse que as vacinas tiñan un 90% de efectividade.
- Porque non queremos que sigan falecendo moitas persoas queridas, que a economía siga a escachar e que a pobreza siga a medrar. Dous millóns de persoas falecidas son moitísimas. Temos que parar esta tolemia. Vacínate
- Porque prefiro a ciencia ás trolas. Síntoo, non estou disposto a permitir que a xente enferme e faleza ou teñan secuelas porque algún famoso ou influencer pense que hai algo secreto tras a vacina.
- Porque gozo nadando no mar e na piscina. Quedando con amigos, véndonos as caras. Quero que este verán sexa o máis normal posible e recuperar o ano perdido.
- Porque na Axencia Europea e na Axencia Española do Medicamento traballan profesionais que non teñen ningún interese en enganar a ninguén e si en evitar o maior número de casos desta enfermidade canto antes.
- Porque as vacinas son un dos maiores logros da humanidade. Os virus non van desaparecer pero as vacinas son as nosas aliadas. Antes da vacina contra o sarampelo, esa enfermidade mataba a millóns de nenos cada ano.
- Porque será unha experiencia comunitaria e solidaria: esperar a nosa quenda, asegurarnos de que as persoas que máis o necesitan a reciban primeiro, facer algo como país dunha vez, ver como construímos a inmunidade colectiva entre todos.
- Porque seremos a primeira xeración en darlle unha boa puñada á Covid-19 para que outras xeracións o teñan máis doado en pandemias futuras. Loitemos para que o futuro non teña que preocuparse por isto.
- Porque os médicos e enfermeiras estiveron soportando unha carga moi dura. Porque se está a abusar dos “traballadores esenciais”. Porque cada momento que nos atrasamos pon en risco a outras persoas.
- Porque a evidencia proporcionada polos datos dos ensaios clínicos suxire con solidez que as vacinas reducirán os contaxios.
- Porque os efectos secundarios mais comúns non son nada que non experimentemos nas nosas vidas. Incluirán algunha dor leve, un pouco de inchazo na zona da inxección.
- Porque a aparición de reaccións alérxicas foi un dos factores controlados no ensaio clínico de fase 3 desta vacina Pfizer / BioNTech Covid-19. Segundo eses datos houbo un número moi pequeno de reaccións alérxicas, tanto nos grupos vacinados como tratados con placebo (0,63% e 0,51%). O único contraindicado con esta vacina (non se debe recibila) é a hipersensibilidade á vacina ou calquera dos excipientes (outros compoñentes da vacina). O prudente, é que calquera persoa que tivese unha reacción anterior alérxica grave ou que necesite levar un EpiPen, pospoña a vacinación.
- Porque o plan de farmacovixilancia para as vacinas Covid-19 establece como a Axencia Europea e as autoridades nacionais competentes dos Estados membros da UE identifican e avalían con prontitude calquera información nova que xurda, incluídos os sinais de seguridade que sexan relevantes para o balance beneficio-risco destas vacinas
Se estes candidatos a vacinas fallasen, estariamos nunha situación extremadamente complicada. Se as vacinas tivesen unha efectividade do 50%, como as da gripe, estaríamos desanimados e frustrados. Tardariamos máis en alcanzar o nivel de inmunidade necesario para volver á normalidade.
Non esquezamos que a humanidade somos todos. Non só os países ricos. Tanto por solidariedade como por seguridade hai que asegurar que se vacinan canto antes todos os países, ricos ou pobres. Por iso, non é dabondo coas vacinas que xa están aprobadas. Fan falta máis.
Vacínate.
Se queres obter máis información sobre a vacina pincha aquí
miércoles, 17 de febrero de 2021
¡¡Pasa palabra sobre conceptos básicos!!
Aqui vos deixo un xogo interactivo para que repasedes o que xa sabedes. Aprende xogando!!
Educaplay de medioambientais!!!
Activa o teu cerebro con este educaplay sobre a teoría de sistemas no que terás que relacionar conceptos. Ademáis podes facelo co Código QR do teu móbil ou tablet. Espero que che sexa de axuda!!!
Educaplay para repasar os tipos de enlaces
Comparto convosco un educaplay para que podades repasar os tipos de enlaces entre moléculas de cara á selectividade. Ademáis déixovos un Código QR por se o queredes facer desde o voso móbil. Espero que vos sexa útil e o fagades todo ben!!!
A caza do lobo.
M. ALFONSO
REDACCIÓN / LA VOZ 05/02/2021 20:17 H
Á Consellería de Medio Ambiente non lle gustou nada como levou Transición Ecolóxica todo o debate sobre elevar a protección da que goza o lobo. Lembran na Xunta que, xunto con Asturias, Cantabria e Castela León, presentaron unha serie de informes nos que se deixaba claro por que non se debía prohibir a caza desta especie ao norte do Douro. Solicitaron tamén reunións coa ministra, para tratar de chegar a un acordo. Pero ninguén atendeu as súas reivindicacións. Agora que o acordo está tomado, na consellería decidiron deixar o caso en mans dos servizos xurídicos que «analizarán ou contido e as circunstancias nas que se adoptou ou acordo á hora de estudar a presentación de posibles recursos para tentar frear a decisión», explica Medio Ambiente.
A Xunta critica, en primeiro lugar, a forma na que a Comisión de Patrimonio Natural tomou o acordo. Na primeira votación houbo un empate a sete, «e ou ministerio pretendeu usar ou voto de calidade do presidente para inclinar a balanza a favor dás súas pretensións», asegura. Pero esa medida foi rexeitada polos servizos xurídicos do propio ministerio. Ese voto de calidade si se usou na segunda votación para desfacer un novo empate, nesta ocasión, a oito votos. Outra das queixas de Medio Ambiente é que esta é a primeira vez na historia que se presenta na comisión unha proposta de inclusión no Lespre sen acordala antes, especialmente, con aquelas comunidades que albergan a maioría das poboacións desta especie. É por iso que as comunidades da cornixa cantábrica estudarán a posibilidade de presentar todos os recursos posibles, pois consideran que se poderían estar a vulnerar as súas competencias en materia de caza.
A reducción de gases de efecto invernadoiro nas granxas de Nestlé.
Nestlé comprometeuse a reducir á metade as emisións de gases de efecto invernadoiro que producen as granxas de leite que a abastecen antes do ano 2030. A compañía tamén afirmou que no 2050 estas explotacións alcanzarán as cero emisións. Para conseguir este obxectivo, reducirá drasticamente os gases de efecto invernadoiro que se xeran actualmente desde a granxa ata a mesa.
A compañía gastarase a nivel mundial 3.200 millóns de francos suízos durante o próximos cinco anos para acelerar o traballo contra o cambio climático e conseguir cero emisións netas. Esta cifra inclúe 1.200 millóns destinados a impulsar a agricultura regenerativa en toda a cadea de subministración. Máis de dous terzos das súas emisións a nivel global proveñen da produción de ingredientes agrícolas que utiliza e obtén das 500.000 granxas coas que traballa de forma directa e doutros 4,5 millóns de explotacións que contrata a través de provedores de todo o mundo. Para abordar este tipo de emisións, Nestlé transformará a forma na que se producen as materias primas buscando converter as prácticas máis intensivas en agricultura regenerativa, en beneficio da natureza e para mellorar os ingresos dos agricultores. Unha das súas liñas de traballo levará a cabo nas granxas leiteiras, onde queren implantar as cero emisións netas. Explica esta empresa que os produtos lácteos son fundamentais para o seu futuro, pero que se busca desenvolver alimentos que sexan beneficiosos para as persoas e o planeta. Por iso, comezouse a traballar coa Fundación Global Nature, co obxectivo de reducir nun 20 % as emisións asociadas ás granxas que conforman o Radio Leiteiro en 2030, isto é, aquelas explotacións que se sitúan nun radio de 50 quilómetros ao redor das súas fábricas en España, entre as que se atopa a de Pontecesures.
O medio ambiente
Aprende xogando con este educaplay os problemas medioambientais do noso planeta e descubre algunhas curiosidades. Concienciate e axuda a salvar o noso planeta. ¿Ti que farías para mellorar a situación sobre a contaminación?
lunes, 15 de febrero de 2021
O metabolismo, anabolismo e o catabolismo
Isto é un educaplay onde vaise repasar o metabolismo, o anabolismo e o catabolismo.
As células procariota e eucariota
Ista é unha actividade sobre as células procariota e eucariota e as súas partes para axudarche a aprender mais sobre elas mediante un relaciona.
Vivir en órbita
A idea de vivir fóra da Terra xa non é só ciencia ficción. Coa vista posta na lúa e Marte, onde o home construirá os seus primeiros fogares máis aló do planeta que lle viu nacer, existe unha escola de pensamento con ideas totalmente distintas, segundo a que colonizar un planeta, calquera planeta, supón un esforzo moito maior que o beneficio que se espera obter del.
Sería fabricando naves cilíndricas que permaneceran en órbita ao planeta Ceres.Baseándose na idea formulada nos anos 70 por Gerard K. Ou´ Neill, cada un destes hábitats cilíndricos tería capacidade para unhas 50.000 persoas. Por suposto, contaría cunha atmosfera artificial e xeraría a súa propia gravidade, similar á terrestre, grazas á forza centrífuga da súa propia rotación.
domingo, 14 de febrero de 2021
Mendel, e a xenética mendeliana
Repasando bioloxía e xogando!
Aquí tedes un test de repaso de conceptos de bioloxía de 2º de bacharelato. Pódevos axudar a afianzar as ideas más importantes xogando! Próbao!
5 científicas españolas son premiadas por L'Oreal-Unesco!
As investigacións de cinco científicas españolas sobre o hidróxeno verde e a luz solar como formas de enerxía renovable, o coñecemento do universo e da Terra, ou detección temperá de enfermidades foron recoñecidas hoxe cos Premios á Investigación 2020 de L’Oreal-Unesco, dotados con 15.000 euros cada un.
Fuente: El País |
Estes premios, que forman parte do programa L’ Oreal-Unesco For Women in Science, desde 1998, recoñecen o labor de cinco científicas de cinco rexións do mundo para promover a visibilidade das mulleres na ciencia e fomentar as vocacións científicas entre as máis novas nas áreas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Dous das investigacións premiadas este ano están dedicadas a garantir un futuro sostible. A de María Retuerto, do Instituto de Catálisis e Petroleoquímica-CSIC, que estuda crear unha tecnoloxía para acumular enerxías renovables en forma de hidróxeno verde ( H2) para combater o climático orixinado, en gran medida, polas emisións de gases contaminantes do sector enerxético.
Que relación hai entre a vitamina D e a esclerose múltiple?
Ourense é a cidade española con maior prevalencia de esclerose múltiple.
Unha investigación do neurólogo Daniel Apolinar García analiza a posibilidade de que o déficit de vitamina D garde relación con esta patoloxía.
Desde hai xa bastantes anos, o servizo de Neuroloxía do hospital de Ourense busca explicacións a que a capital sexa a cidade coa maior prevalencia de esclerose múltiple en España, que á súa vez é un país cunha importante proporción de casos respecto á súa poboación. Nos últimos decenios, as investigacións realizadas constataron un aumento na incidencia de novos casos da doenza, situando o territorio español como unha das rexións de risco medio alto. E a elevada cifra observada en Ourense levou a afondar nas posibles causas. Unha carta publicada na revista Neurología polo xefe do servizo de Neuroloxía do CHUO, Daniel Apolinar García Estévez, abre unha pregunta que, dados os antecedentes observados, podería ser moi pertinente: o vínculo entre o déficit de vitamina D e a esclerose múltiple é unha simple asociación epidemiolóxica ou unha verdadeira relación de causalidade?
A esclerose múltiple (EM), da que aínda non se coñece a súa orixe, afecta nunha importante medida a mulleres mozas, e a súa aparición causa unha importante afectación á calidade de vida dos e das pacientes. É unha doenza autoinmune, que cursa con inflamacións do sistema nervioso central. Está caracterizada por episodios recorrentes, ou brotes, que causan o entumecemento das extremidades, sensación de descargas eléctricas ao mover o pescozo, tremores, falta de coordinación ou problemas de visión, entre outros. Ás veces, estes brotes poden acabar causando unha incapacidade progresiva.
Fonte: Pixabay |
Mais pouco se sabe, por agora, da súa orixe, como acontece con outras doenzas neurolóxicas. A pregunta do doutor García Estévez parte dos estudos epidemiolóxicos que constatan a maior prevalencia da doenza nos países escandinavos, onde a falta de luz solar durante longos períodos leva a moitas persoas a tomar suplementos de vitamina D. Mais a carencia desta vitamina tamén é frecuente en territorios como España, a pesar da súa maior radiación ultravioleta, aínda que en áreas do norte, como Galicia, con menos horas de sol, podería introducirse un novo factor.
sábado, 13 de febrero de 2021
TIPOS DE ENERXIA
A enerxía está moi presente nas nosas vidas, así que imos estudar os distintos tipos de enerxía xogando con este Educaplay.
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
China chega por primeira vez a Marte
China volveu a marcar un novo logro na carreira espacial ao conseguir que a primeira nave que envía a Marte ingresase na súa órbita, tal e como confirmaron fontes da Administración Nacional do Espazo de China ( CNSA) a través da rede social Weibo. A manobra foi levada a cabo de forma autónoma polos computadores de abordo, xa que o atraso de dez minutos nas comunicacións impiden que a sonda poida ser guiada directamente por enxeñeiros terrestres.
viernes, 12 de febrero de 2021
"Os riscos meteorolóxicos"
os riscos metereolóxicos
-Os riscos metereolóxicos débense a situacións metereolóxicas. As mais graves son debidos a sistemas conventivos de gran enerxíaque producen eventos moi destructivos:
-Alteración da distribución das masas de aire na troposfera. Orixinanse olas de frío ou calor, que provocan un descenso ou ascenso anormal das temperaturas. Pode durar varios dias e afectar a miles de kilometros cuadrados.
-Temperatura moi elevada da superficie do mar e aire frío en altura. Producese unha convencción moi intensa con desarrollo de grandes masas nubosas. Aparecen trombas de auga, gota fría, tormentas tropicais ou huracans. Os huracans poden durar varios días e afectar áreas de centos ou miles de kilometros cadrados. Os riesgos derivados son: fortes ventos e oleaxe, inundacións, pedrisco, descargas eléctricas, deslizamentos de terras etc.
-Situación anticiclónica estabilizada. Producense sequías que duran varias semanas e ocasionan a pérdida de cosecha, un aumento do riesgo de incendios e escasez de auga potable.
-Presencia de aire quente e húmido en superficie e aire frío en altura. Producese unha convencción moy activa que orixina cumulonimbos. Estos poden desencadear tormentas e tornados que afectan a poucos kilometros cadrados e ocasionan incendios, inundacións, avenidas torrenciais, granizo, fortes ventos etc.
-Situacións anticiclónicas. Producese calima pola presenza de area procedente do desierto na troposfera. Esta situación pode durar varios días ou afectar a áreas de miles de kilometros cadrados. Os principais riesgos derivados son a acumulación de contaminantes, as chuvias de barro e o ambiente seco, caluroso e agobiante.
Opinión persoal: Quedei sorprendido cos danos que pode sufrir o noso planeta por culpa distes riesgos metereolóxicos.
" A Acuicultura"
A Acuicultura
A acuicultura e o sector de producción de alimentos que está experimentando un maior crecemento en todo o mundo. Según a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), na actualidade estimase que a acuicultura e responsable do 50% dos productos pesqueiros mundiais destinados a alimentación humana.
A súa implantación está tendo lugar tanto nos países desarrollados como nos que están en vías de desarrollo, principalmente Asia, donde en 2012 se cultivou o 88,5% da producción mundial. Ademáis, iste sector emplea directa e indirectamente cerca de 23 millóns de traballadores, unha cifra que sin duda irá en aumento.
A mayor parte de ista producción acuícola, o 63% aproximadamente, ten lugar en augas continentais (ríos, lagunas etc.). O resto producese no mar, en istalacións controladas, como bateas, donde se cultivan principalmente bivalvos, por exemplo os mexillóns.
Un dos cultivos máis prometedores é o das algas, cada vez máis presentes en cosméticos, productos farmacéuticos e na alimentación.
Opinión persoal: eu descoñecía que a acuicultura se empregara para certas cousas, se o queres averiguar invítote a que leas iste post.
"Ecoloxía Trófica"
¿PORQUÉ NON HAY MAIS LEÓNS?
A lóxica invita a pensar que existe unha relación lineal entre os elementos da pirámide trófica e que, polo tanto, a un incremento na biomasa de presas lle corresponde un aumento proporcional na de depredadores. No caso dos leóns, a mais pasto na sabana, mais búfalos; e a mais búfalos, mais leóns.
Recentes investigacións indican, en cambio, que a biomasa dunha presa lle corresponde os 3/4 dun depredador, relación que parece repetirse en tódolos ecosistemas.
A un aumento no número de búfalos correspondería un incremento de leóns igual a 3/4 do aumento desta presa.
Iste patrón matemático suxire un grado de organización dos ecosistemas descoñecido ata agora e, o que é mais sorprendente, recorda a outro modelo observado a nivel dos organismos individuais. Según unha antiga teoría, a Ley de Kleiber, a velocidade de crecemento dun organismo é menor canto mayor tamaño ten. Existe unha relación entre metabolismo e tamaño que se sitúa, de novo, nos 3/4.
Ecoloxía Trófica
Opinión persoal: Encantoume coñecer un poucO mais o mundo dos leóns, invítovos a que leades esta entrada.
"Composición do solo"
"Composición do solo"
O solo é unha capa discontinua que recobre so algunhas zonas da superficie dos continentes e que non se desarrolla no fondo dos medios acuáticos. Non ten un espesor fixo e pode medir desde alguns centímetros a poucos metros. A súa composición é moi variable, pero sempre se identifican catro compoñentes que representan os catro sistemas que converxen nel.
Istes compoñentes son os seguintes:
1. A fracción mineral: Composta por fragmentos de rocas e minerais procedentes da meteorización da roca nai e os sedimentos transportados dos axentes xeolóxicos.
2. A fracción orgánica: Composta por tódolos organismos que viven no solo, como bacterias, fungos, lombrices etc. Tamén se inclúe a materia orgánica en descomposición, que forma o humus e os ácidos húmicos.zación da roca nai e dos sedimentos transportados polos axentes xeolóxicos.
3. A auga: Tamén ocupa os poros do solo e é o medio no que ocorren a mayoría das reaccións químicas. Ademáis, é o vehículo dos nutrientes inorgánicos que son absorvidos polas raíces das plantas.
4. O aire: Ocupa parte dos huecos que quedan entre as fraccións mineral e orgánica. Canto máis aire conten o solo, máis eficaces son os procesos de descomposición aerobia que ten lugar nel e mayor é o consumo de osíxeno e a producción de CO2.
Como podemos axudar ao medio ambiente?
O interesante proceso da fotosíntese
A todos nos sona qué é a fotosíntese. Biolóxicamente a fotosíntese e o conxunto de rutas metabólicas mediantes as cales as plantas obteñen alimento, convertindo substancias inorgánicas en sustancias orgánicas. Á vez que desprenden osíxeno e aproveitan a enerxía solar.
Se vos interesa aprender un pouquiño do que estamos a dar en 2ºBAC na materia de bioloxía atendede a esta infografía!!!
jueves, 11 de febrero de 2021
Educaplay sobre as encimas !!
Estudia o metabolismo con este doado test
O metabolismo é o conxunto de reaccións químicas das células. Eestas poden ser:
-Anabólicas: reaccións químicas para formar consumindo enerxía. Por exemplo a fotosíntese
-Catabólicas: reaccións químicas para degradar sustancias orgánicas e obter enerxía. Por exemplo a glucolise
A continuación tendes un test co que podedes ver canto sabedes a cerca do metabolismo e aprender xogando!
As enrexías renovables
Repasamos as enerxías renovables e as súas ventaxas e inconvintes co seguinte mural
miércoles, 10 de febrero de 2021
Repasa os axentes xeolóxicos externos e a meteorización con esta infografía
Canto sabes sobre as fontes de enerxía?
domingo, 7 de febrero de 2021
Repasamos os conceptos de xenética mendeliana para o exame!
A xenética mendeliana é a parte da xenética que segue a metodoloxía que ideou Mendel. Baséase no estudo das proporcións nas que se herdan as características dos individuos.
Intentádeo e comentade a vosa puntuación!
Repasa o metabolismo xogando!
Con este Educaplay repasaremos o metabolismo dun xeito diferente. Moita sorte!
Meteorización e movilización dos materiais
jueves, 4 de febrero de 2021
Repasamos xogando bioloxía!
Aquí déixovos un pasa-palabra para repasar contidos de bioloxía referentes as das dúas primeiras avaliacións, á composición da materia viva, as células. o metabolismo e a biloxía do ADN.
Pasa un bo intre e repasa!
Espero que vos guste!!!