Nestlé comprometeuse a reducir á metade as emisións de gases de efecto invernadoiro que producen as granxas de leite que a abastecen antes do ano 2030. A compañía tamén afirmou que no 2050 estas explotacións alcanzarán as cero emisións. Para conseguir este obxectivo, reducirá drasticamente os gases de efecto invernadoiro que se xeran actualmente desde a granxa ata a mesa.
A compañía gastarase a nivel mundial 3.200 millóns de francos suízos durante o próximos cinco anos para acelerar o traballo contra o cambio climático e conseguir cero emisións netas. Esta cifra inclúe 1.200 millóns destinados a impulsar a agricultura regenerativa en toda a cadea de subministración. Máis de dous terzos das súas emisións a nivel global proveñen da produción de ingredientes agrícolas que utiliza e obtén das 500.000 granxas coas que traballa de forma directa e doutros 4,5 millóns de explotacións que contrata a través de provedores de todo o mundo. Para abordar este tipo de emisións, Nestlé transformará a forma na que se producen as materias primas buscando converter as prácticas máis intensivas en agricultura regenerativa, en beneficio da natureza e para mellorar os ingresos dos agricultores. Unha das súas liñas de traballo levará a cabo nas granxas leiteiras, onde queren implantar as cero emisións netas. Explica esta empresa que os produtos lácteos son fundamentais para o seu futuro, pero que se busca desenvolver alimentos que sexan beneficiosos para as persoas e o planeta. Por iso, comezouse a traballar coa Fundación Global Nature, co obxectivo de reducir nun 20 % as emisións asociadas ás granxas que conforman o Radio Leiteiro en 2030, isto é, aquelas explotacións que se sitúan nun radio de 50 quilómetros ao redor das súas fábricas en España, entre as que se atopa a de Pontecesures.
No hay comentarios:
Publicar un comentario