Mostrando entradas con la etiqueta POSTCROSSING. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta POSTCROSSING. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de diciembre de 2018

Colaboración Postcrossing: Christmas Wishes!

O alumnado de Ciencias da Terra e do Ambiente de 2 Bac colaboramos co proxecto de centro Postcrossing Padre Feijoo Zorelle "Dende Ourense para el mundo", escribindo unha tarxeta de Nadal en inglés, destinada a Wilkesboro no estado de Carolina do Norte.
Aproveitando esta colaboración profundizamos no coñecemento ambiental de Carolina do Norte en Estados Unidos.

Ao arredor das dúas quintas partes de Carolina do Norte  extendéronse sobre a chaira costeira atlántica. Numerosas marismas e pantanos hai neste territorio. No noreste atópase a gran marisma da Dismal, tamén as bahías de Albemarle e Pamlico, que se localizan entre a costa e unha líña de illas chamadas os Bancos Exteriores. 


Na parte occidental do estado de California do Norte, o Blue Ridge é unha montaña que adoita ter a forma redondeada, tamén se poden atopar gargantas de ladeiras abruptas. A parte máis coñecida desta rexión montañosa é a dos Great Smoky Mountains. 
Os ríos máis importantes do estado son o Roanoke e Ohio. Na rexión do Blue Ridge Mountains atópanse unha serie de cascadas pintorescas. A zona costeira e a meseta de Piedmont están xusto dentro do límite norte da zona do clima húmido subtropical. No Blue Ridge o clima é húmido continental.

Flora, fauna e minerais representativos:

  • As especies arbóreas máis extendidas no estado son: cipreses, piñeiros, carballos, noces americanas, arces e abetos balsámicos. 
  • En Carolina do Norte abunda o corzo de Virginia, o mapache, o esquilo gris e o raposo. Os osos negros son comúns no Parque Nacional das Grandes Montañas ahumadas, un área natural que constitue unha das principais atraccións turísticas do estado e do país. Os patos, os gansos e outras aves acuáticas seguen as rutas migratorias sobre a zona costeira do estado. 
  • Os minerais máis abundantes en Carolina do Norte son: fosfatos, caolín,talco, litio, mica, olivina, amianto e pirofitas e varias pedras preciosas. 


Merry Christmas and a Happy New Year!





O alumnado de Ciencia Activa de 2º Bac vos desexamos unhas Boas Festas de Nadal!!!

martes, 3 de noviembre de 2015

Colaboración Postcrossing!

Postcrossing é o novo proxecto do colexio Padre Feijoo que consiste en enviar tarxetas postais da nosa cidade  (Ourense) a outros paises para que eles podan saber un pouco máis sobre a nosa cultura. Ao mesmo tempo recibimos postais doutras cidades implicadas nesta iniciativa, e as localizamos e estudamos algo sobre elas. 
O grupo de 1º de bacharelato enviou unha tarxeta do pobo de Xinzo, á cidade de Tambov (Rusia), nela falamos un pouco sobre os entroidos dese pobo e as súas costumes.  Neste audio Víctor, Andrea e Karim comentan en inglés unha breve información da cidade de Tambov, non deixedes de escoitalo:
 
Tambov é unha cidade que está situada á beira do río Tsna , a 480Km de Moscú. Ten unha pobación de 284.972 habitantes. No ambito científico destacarían:
  • Constantine Fahlberg (1850-1910) químico
  • Andrey Kolmogorov (1903-1987), matemático  
  • Nicolái Tsveliov (n.-1925), botánico.








Aproveitando que a nosa tarxeta chegaría a Rusia, fixemos por coñecer aos dez científicos rusos máis destacados e temos un resumo das súas aportacións.

Os dez cíentificos rusos máis importantes son:

1º Grigori Yákovlevich Perelmán: (1966) é un dos máis importantes matemáticos da actualidade e é un dos máis coñecios polas súas inmensas contribucions en xeometría  riemannia y topoloxía xeométrica . Tamén logrou demostrar a conxetura de xeometrización de Thurston, resolveu a de Poincaré e logo de resolver a  hipóteses matemática máis importante é dificil de demostrar.
Gregori non aceptou o premio Nobel dos problemas do milenio.

2º Sir Andréy Konstantínovich Gueim:(1958) físico ruso coñecidos polos seus grandes traballos entorno al grafeno, o desarrollo da cinta de geco e o desarrollo de técnicas de levitación. Recibiu o premio Nobel, tras lograr levitar unha rá utilizando soamente imáns.

3º Nikolái Gennádiyevich Basóv:(1922-2001) físico sovietico, coñecido polo seu gran traballo no campo da electrónica cuántica para o desarrollo do láser y el máser, grazas a iso gañou o premio Nobel en 1964.

4º Piotr Leonídovich Kapista:(1894-1984) foi un físico relevante que recibiu o premio Nobel en 1978 polo seu traballo enn física de baixa temperatura. en 1937 descubriu a superfluídez, e descubriu a forma máis eficiente de producir heliolíquido.

ciencia activa 1ºBAC
5º Tatiana Avenirovna Proskouriakoff:(1909-1985) foi unha das máis importantes figuras da arqueoloxía, etnóloga e epigrafista, en relación có estudo da civilizacion Maya, su principal contribución foi co a escritura Maya.

6º Aleksandr Stepaónovich Popov:(1859-1905) prestixioso físico e inventor ruso recordado pola invencion da antena e a transmisión de ondas electromagnéticas a distancia. O 7 de maio de 1895 Popov demostrou a recepción de señais a larga distancia polo que ese día se coñoce como "o día da radio"

7º Sofia Vasílievna Kovalévskaya:(1850-1891) foi a primeira científica de gran relevancia en Rusia, a primeira en ocupar o cargo de profesora universitaria en Europa é unha das matemáticas máis importantes da história.

8º Iván Petróvich Pávlov:(1849-1936) gran fisiólogo laureado có premio Nobel de Fisioloxía en 1904 polas súas investigacións sobre a digestión.

9º Dimitri Ivánovich Mendeléiev:(1834-1907) foi un dos químicos máis importantes da história. Descobríu o que hoxe coñecemos como a táboa periódica dos elementos. O elemento número 101, o mendelevio (Md), recibiu o seu nome en honor a Mendeléiev.

10º Mijaíl Vasílievich Lomonósov:(1711-1765) foi un gran erudito, home de ciencias, naturalista, xeógrafo, escritor e polímata. O seu principal aporte foron as melloras ao telescopio, o primer plantexamento da Teoría da Deriva continental. Como poeta, tivo gran influenza na literaura moderna.