Aproveitando esta colaboración profundizamos no coñecemento ambiental de Carolina do Norte en Estados Unidos.
Ao arredor das dúas quintas partes de Carolina do Norte extendéronse sobre a chaira costeira atlántica. Numerosas marismas e pantanos hai neste territorio. No noreste atópase a gran marisma da Dismal, tamén as bahías de Albemarle e Pamlico, que se localizan entre a costa e unha líña de illas chamadas os Bancos Exteriores.
Na parte occidental do estado de California do Norte, o Blue Ridge é unha montaña que adoita ter a forma redondeada, tamén se poden atopar gargantas de ladeiras abruptas. A parte máis coñecida desta rexión montañosa é a dos Great Smoky Mountains.
Os ríos máis importantes do estado son o Roanoke e Ohio. Na rexión do Blue Ridge Mountains atópanse unha serie de cascadas pintorescas. A zona costeira e a meseta de Piedmont están xusto dentro do límite norte da zona do clima húmido subtropical. No Blue Ridge o clima é húmido continental.
Flora, fauna e minerais representativos:
- As especies arbóreas máis extendidas no estado son: cipreses, piñeiros, carballos, noces americanas, arces e abetos balsámicos.
- En Carolina do Norte abunda o corzo de Virginia, o mapache, o esquilo gris e o raposo. Os osos negros son comúns no Parque Nacional das Grandes Montañas ahumadas, un área natural que constitue unha das principais atraccións turísticas do estado e do país. Os patos, os gansos e outras aves acuáticas seguen as rutas migratorias sobre a zona costeira do estado.
- Os minerais máis abundantes en Carolina do Norte son: fosfatos, caolín,talco, litio, mica, olivina, amianto e pirofitas e varias pedras preciosas.
Merry Christmas and a Happy New Year!
O alumnado de Ciencia Activa de 2º Bac vos desexamos unhas Boas Festas de Nadal!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario