jueves, 17 de marzo de 2022

A calima chega a Esapaña


A calima chega a España: as cidades tinguidas de po sahariano

Trátase dun fenómeno ao que os canarios están máis habituados, pero é algo extraordinario en boa parte de España, incluída Asturias. 
Trátase da calima, causada polo vento arrastrado pola borrasca 'Celia', que ha traido po en suspensión procendente do deserto do Sahara. A Axencia Estatal de Meteoroloxía ( Aemet) define a calima como «a diminución da visibilidade pola presenza de partículas secas (en contraposición coa bruma ou néboa, compostas por partículas acuosas), deixando o ceo con tons ocres». O po en suspensión procedente do norte de África dá lugar a calima, choivas de barro e un empeoramento da calidade do aire. A Aemet tamén advertiu de que a intrusión continuará nos próximos días e será significativa, dando lugar a un empeoramento da calidade do aire. A calima vén acompañada dun «aire cálido», con temperaturas que superaron os 20 º C durante a madrugada no sueste peninsular e os 18 º C no Cantábrico oriental. Ao longo desta xornada, por exemplo, algunhas localidades do Principado de Asturias poderán superar os 22 graos, algo totalmente inusual para esta épocas do ano. Desde a Aemet aclaran que «a partir do mércores é probable que a borrasca comece a debilitarse a medida que se despraza cara ao leste».








martes, 8 de marzo de 2022

Feliz Día da Muller!

 

Este día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, loitemos co lema " Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible" por todas as mulleres que hoxe se comprometen a buscar a igualdade e pelexar polos seus dereitos.

Este día conmemora a loita das mulleres pola sua participación íntegra na sociedade, e para celebralo os alumnos de 2º de bacharelato do colexio Padre Feijoo Zorelle queremos apoiar esta loita con unha imaxe que representa moitas das cualidades de todas as guerreiras do mundo. Dende a nosa nai, avoa, e todas as mulleres coas que nos relacionamos poseen estas características que as volven tan únicas. Esperamos que vos guste, e feliz 8 de Marzo!


Se queredes ver un pequeno video informativo sobre este día, podedes atopalo neste link.