Mostrando entradas con la etiqueta ENFERMIDADES INFECCIOSAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENFERMIDADES INFECCIOSAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de noviembre de 2018

Erradican mosquitos de malaria cun experimento de enxeñería xenética!

O experimento de enxeñería xenética, liderado por Andrea Crisanti, do Imperial College London, consistiu en introducir nun grupo de mosquitos portadores de malaria "Anopheles gambiae" uns xenes que modificaban os seus impulsos sexuais.
O experimento realizado con enxeñería xenética logrou destruír toda unha poboación de mosquitos de malaria engaiolados nun laboratorio, o que abre a porta para trasladar a proba a unha contorna natural.



Autor foto
En mosquitos, as técnicas de enxeñería xenética CRISPR permiten a transmisión de xenes específicos nun 99 % da descendencia, fronte ao 50 % que se constata no medio natural.


No experimento difundido este outubro, os autores conclúen que "a rápida e completa propagación deste impulso xenético, xunto coa ausencia de resistencia, fan que sexa realista efectuar estudos de campo contolados".


Na miña opinión é moi importante que se fagan estudos deste tipo que axudan a mellorar o nivel de vida do planeta erradicando enfermidades con grandes taxas de mortalidade, sobre todo en países pobres.


                                  Fuentes da información

viernes, 1 de diciembre de 2017

El VIH o SIDA

·Hoxe, 1 de decembro é o día internacional en contra do SIDA. O sida é unha enfermidade que se transmite por vía sexual, a través do sangue e tamén da nai o feto, que disminúe as defensas naturais ata a súa desaparición.
Esta enfermidade abarca o virus VIH.

¿Qué é o VIH?




 O VIH ou virus da Inmunodeficiencia Humana é un retrovirus que ataca o sistema inmunitario da persoa infectada. O sistema inmunitario é a defensa natural do noso corpo frente aos microorganismos infecciosos como as bacterias, os virus e fungos capaces de invadir o noso organismo.

En concreto, o VIH ataca e destrúe os linfocitos CD4, que son un tipo de células que forman parte do sistema inmune e que se encargan da fabricación dos anticorpos para combatir as infeccións causadas por estes axentes externos.

¿Qué ocorre se te infectas?

Os virus non son capaces de reproducirse por sí mesmos, necesitan utilizar a outros seres vivos para poder multiplicarse e sobrevivir. Cando te infectas, o VIH dirixese as súas células diana, os CD4. Cando encontra un CD4 o virus fixase a membrana da célula e fusiona o seu cápside coa membrana celular de modo que agora pode introducir o seu material xenético para que esta célula se ocupe de reproducilo. Unha vez comezada a replicación sai o sangue e propagase por todo o corpo infectado.

¿Cales son os síntomas máis habituais?

As primeiras dúas ou catro semanas despois de contraer o VIH, podes sentirte afiebrado, con dor ou malestar. Estos síntomas son similares aos da gripe son a primeira reacción do corpo a infección polo VIH. Durante esta etapa hai unha gran coincentración do virus no teu organismo de modo que é fácil transmitilo a outras persoas. Os síntomas desaparecen tras unhas semanas habitualmente non volves a telos en anos.