viernes, 9 de noviembre de 2018

Erradican mosquitos de malaria cun experimento de enxeñería xenética!

O experimento de enxeñería xenética, liderado por Andrea Crisanti, do Imperial College London, consistiu en introducir nun grupo de mosquitos portadores de malaria "Anopheles gambiae" uns xenes que modificaban os seus impulsos sexuais.
O experimento realizado con enxeñería xenética logrou destruír toda unha poboación de mosquitos de malaria engaiolados nun laboratorio, o que abre a porta para trasladar a proba a unha contorna natural.



Autor foto
En mosquitos, as técnicas de enxeñería xenética CRISPR permiten a transmisión de xenes específicos nun 99 % da descendencia, fronte ao 50 % que se constata no medio natural.


No experimento difundido este outubro, os autores conclúen que "a rápida e completa propagación deste impulso xenético, xunto coa ausencia de resistencia, fan que sexa realista efectuar estudos de campo contolados".


Na miña opinión é moi importante que se fagan estudos deste tipo que axudan a mellorar o nivel de vida do planeta erradicando enfermidades con grandes taxas de mortalidade, sobre todo en países pobres.


                                  Fuentes da información

No hay comentarios:

Publicar un comentario