O Goberno de Zambia decidiu reactivar o plan de sacrificar a uns 2.000 hipopótamos nos próximos 5 anos. Esta iniciativa suspendeuse fai dous anos como consecuencia das protestas das asociacións animalistas. Charles Bande, ministro de Turismo dixo que a poboación destos mamíferos podería non ter suficiente nivel de auga no río Luangwa, onde habitan a mayoría dos ejemplares, e sinalaron que trasladalos a outros lugares do país é demasiado costoso.
O Parque Nacional Luangwa Sur ten unha poboación de máis de 13.000 hipopótamos, pero a zona só ten unha capacidade adecuada para 5.000, por eso de momento só manteñen a posibilidade de sacrificalos, aclara Bande.
A organización ecoloxista británica "Born Free" (Nacer Libre) liderou unha campaña en 2016 contra o anterior plan de sacrificio, que entonces rechazouno por consideralo como caza de trofeos. Hoxe, Born Free dixo na súa páxina web que Zambia non aportou probas científicas sólidas que demostren a superpoboación destos animais. "As probas científicas suxieren que o sacrificio de hipopótamos estimula a cría e remata aumenmtando a poboación, creando un ciclo vicioso de morte e destrución", adverten.
No 2016, esta organización tamén puxo en duda as razóns científicas para sacrificar a hasta 2.000 hipopótamos en Zambia cando en todo o sur de África hai 80.000 exemplares.
Eiqui vos deixo un vídeo dos hipopótamos en Zambia, que resume este problema:
No hay comentarios:
Publicar un comentario