Félicette foi seleccionada entre 14 exemplares de felinos hai agora 55 anos para unha viaxe inimaxinable para unha gata rueira de París: sobrevoar a superficie terrestre a 157 quilómetros de altura .
O 18 de outubro de 1963 despegaba da base francesa de Colomb- Béchar, no Sahara alxerino, o foguete Véronique AG1. A bordo, a única pasaxeira era Félicette, a quen esperaba un percorrido de apenas 10 minutos.
Un dispositivo parecido ao usado para lanzar ao felino ao espazo |
Ese tempo era suficiente para alcanzar os 157 quilómetros de altura, en plena ionosfera. Félicette chegou a esa cota viaxando a seis veces a velocidade do son.
De malvivir nas rúas parisienses, Félicette pasou a experimentar, aínda que só durante cinco minutos, unha sensación vedada para a inmensa maioría de humanos: flotar grácilmente no interior dun foguete. Iso si, antes tivera que pasar por un desagradable adestramento, similar ao dos astronautas, que a expuxo a grandes forzas de aceleración.
O experimento espacial, pensado precisamente para analizar os efectos da ausencia de gravidade nos seres vivos, tivo mellor final que o de Laika, que morreu polo sobrecalentamiento da súa nave horas despois do lanzamento. Félicette, en cambio, regresou sa e salva a terra tras saír despedida do foguete nunha pequena cápsula dotada de paracaídas.
Vídeo sobre Félicette:
No hay comentarios:
Publicar un comentario