Autor foto |
Estas incribles cifras fan que este supermasivo buraco negro sexa tamén extremadamente brillante debido a toda a enerxía que absorve, en concreto o brillo desta besta é 10.000 veces superior ao da galaxia que o contén e se por exemplo estivese no centro da vía láctea veriámolo dez veces máis brillante que a lúa chea o que nos impediría ver as demais estrelas. Este sería o menor dos nosos problemas xa que a inmensa cantidade de radiación que emana del faría imposible a vida na galaxia, por sorte esta tan lonxe que o único problema que supón é o da súa comprensión para os astrofísicos.
Parécenme moi interesantes todos estas achegas que nos permiten comprender un pouco máis a inmensidade do universo porque, sexamos claros,a quen non lle interesa coñecer os segredos que o espazo aínda mantén ocultos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario