miércoles, 20 de diciembre de 2017

Descuberto un novo planeta candidato a albergar vida

Unha pequena estrela vermella que está a só once anos luz do sistema solar ten un planeta de tamaño similar á Terra no que é posible que haxa auga líquida e vida .
O novo astro, chamado Ross 128 b, "é o planeta de temperatura temperada situado ao redor dunha estrela calma máis próxima que se coñece", din os autores da investigación na revista Astronomy & Astrophysics, onde presentan os seus resultados. Isto fai que sexa "un obxectivo prioritario [...] para buscar biomarcadores".
O novo planeta está vinte veces máis preto da súa estrela que a Terra do Sol e ten unha masa un 35% maior que a da Terra,  pero é o suficientemente  pequeno como para ter una superficie sólida sobre a que se poida desenvolver a actividade biolóxica.
O converte a Ross 128 b nun bo candidato para albergar actividade biolóxica, segundo os investigadores, é a estrela arredor da que xira. O planeta completa unha órbita cada once días arredor da enana vermella Ross 128, a estrela mais cercana a Terra da constelación de Virgo, que ademais se está desprazando en dirección ao sistema solar. Dentro de 71.000 anos achegarase a uns 4 anos luz convertirase na estrela máis próxima ao Sol.
Descubriuse co instrumento HARPS, instalado nun telescopio do Observatorio de La Silla, nos Andes de Chile, co  obxetivo de buscar exoplanetas. Desde que entrou en servizo no 2003, HARPS converteuse no observatorio terrestre que máis exoplanetas  leva descuberto, co descubrimento de máis de 130 novos mundos.



Ante a perspectiva de poder analizar directamente atmosferas de exoplanetas con novos telescopios que entraran en servizo na próxima década, iniciouse nos últimos anos unha busca sistematica de astros arredor de estrelas frías próximas á Terra. Estas análises basearanse na detección de gases que poidan ser indicativos de actividade biolóxica ou da habitabilidade dun planeta como o osíxeno, o ozono, o metano ou o vapor de auga.

viernes, 1 de diciembre de 2017

El VIH o SIDA

·Hoxe, 1 de decembro é o día internacional en contra do SIDA. O sida é unha enfermidade que se transmite por vía sexual, a través do sangue e tamén da nai o feto, que disminúe as defensas naturais ata a súa desaparición.
Esta enfermidade abarca o virus VIH.

¿Qué é o VIH?




 O VIH ou virus da Inmunodeficiencia Humana é un retrovirus que ataca o sistema inmunitario da persoa infectada. O sistema inmunitario é a defensa natural do noso corpo frente aos microorganismos infecciosos como as bacterias, os virus e fungos capaces de invadir o noso organismo.

En concreto, o VIH ataca e destrúe os linfocitos CD4, que son un tipo de células que forman parte do sistema inmune e que se encargan da fabricación dos anticorpos para combatir as infeccións causadas por estes axentes externos.

¿Qué ocorre se te infectas?

Os virus non son capaces de reproducirse por sí mesmos, necesitan utilizar a outros seres vivos para poder multiplicarse e sobrevivir. Cando te infectas, o VIH dirixese as súas células diana, os CD4. Cando encontra un CD4 o virus fixase a membrana da célula e fusiona o seu cápside coa membrana celular de modo que agora pode introducir o seu material xenético para que esta célula se ocupe de reproducilo. Unha vez comezada a replicación sai o sangue e propagase por todo o corpo infectado.

¿Cales son os síntomas máis habituais?

As primeiras dúas ou catro semanas despois de contraer o VIH, podes sentirte afiebrado, con dor ou malestar. Estos síntomas son similares aos da gripe son a primeira reacción do corpo a infección polo VIH. Durante esta etapa hai unha gran coincentración do virus no teu organismo de modo que é fácil transmitilo a outras persoas. Os síntomas desaparecen tras unhas semanas habitualmente non volves a telos en anos.