O novo astro, chamado Ross 128 b, "é o planeta de temperatura temperada situado ao redor dunha estrela calma máis próxima que se coñece", din os autores da investigación na revista Astronomy & Astrophysics, onde presentan os seus resultados. Isto fai que sexa "un obxectivo prioritario [...] para buscar biomarcadores".
O novo planeta está vinte veces máis preto da súa estrela que a Terra do Sol e ten unha masa un 35% maior que a da Terra, pero é o suficientemente pequeno como para ter una superficie sólida sobre a que se poida desenvolver a actividade biolóxica.
O converte a Ross 128 b nun bo candidato para albergar actividade biolóxica, segundo os investigadores, é a estrela arredor da que xira. O planeta completa unha órbita cada once días arredor da enana vermella Ross 128, a estrela mais cercana a Terra da constelación de Virgo, que ademais se está desprazando en dirección ao sistema solar. Dentro de 71.000 anos achegarase a uns 4 anos luz convertirase na estrela máis próxima ao Sol.
Descubriuse co instrumento HARPS, instalado nun telescopio do Observatorio de La Silla, nos Andes de Chile, co obxetivo de buscar exoplanetas. Desde que entrou en servizo no 2003, HARPS converteuse no observatorio terrestre que máis exoplanetas leva descuberto, co descubrimento de máis de 130 novos mundos.
Ante a perspectiva de poder analizar directamente atmosferas
de exoplanetas con novos telescopios que entraran en servizo na próxima década, iniciouse nos últimos anos unha busca sistematica de astros arredor de
estrelas frías próximas á Terra. Estas análises basearanse na detección de gases que poidan ser indicativos de actividade biolóxica ou da habitabilidade dun planeta como o osíxeno, o ozono, o metano ou o vapor de auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario