lunes, 30 de enero de 2017

30 de Xaneiro día Mundial da Non Violencia e a Paz no ámbito escolar!

Con motivo da celebración do día Mundial da non Violencia e a Paz no ambito escolar, os alumnos de 1º BAC Paula Perez e David Rodriguez, fixemos unha entrevista á orientadora do colexio Dna. Ángeles Cortés, que moi amablemente respondeu as nosas preguntas do seguinte audio. Ángeles folóunos da importancia de traballar os valores nas titorías e o plan de convivenvia do colexio ca figura do alumno mediador.
Recomendámosvos escoitalo e que deixedes a vosa opinión sobre o tema tratado.

Non deixedes de escoitalo audio:

lunes, 23 de enero de 2017

Desenvolven un método para producir bioplástico a través de bacterias!

Grazas á manipulación dunha bacteria depredadora coñecida como Bdellovibrio bacteriovorus, un equipo de científicas do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid  logrou desenvolver un sistema de produción de bioplásticos PHA (polihidroxialcanoatos), poliésteres de reserva producidos naturalmente por moitas especies de bacterias en resposta a situacións de tensións e considerados como unha alternativa aos plásticos derivados do petróleo. 



Para abaratar e mellorar o proceso, o equipo de investigación escolleu a bacteria para redeseñala xeneticamente e transformala nunha ferramenta que permitise romper as membranas de cepas produtoras de bioplásticos: un proceso que facilita a extracción e purificación deste produto.

Desta maneira, o bioplástico contido en bacterias que o producen e acumulan ata nun 90% do seu peso, ata agora, era difícil de extraer. Aplicáronse deterxentes ou sistemas de disrupción para romper a célula e liberar o produto, feitos que son contaminantes, pouco eficientes e que afectan o medio ambiente encarecendo o proceso de produción.


Sen embargo a achega desta bacteria depredadora é un proceso innovador que permite obter os plásticos fabricados por outras bacterias e recuperar estes produtos intracelulares de interés industrial.


Paréceme que este avance será moi importante xa que nos permite non ter que depender do petroleo para producir este producto tan utilizado na sociedade na que vivimos.

martes, 10 de enero de 2017

Antártida, un enigma climático

A Antártida oriental é máis vulnerable ao cambio climático do esperado a pesar de ser a zona máis fría do continente, segundo un estudo realizado por climatólogos das universidades de Utrecht e de Lovaina.

Os autores do estudo centraron gran parte da investigación nun cráter dun tres quilómetros de diámetro detectado na plataforma de xeo denominada King Baudoin, no leste da Antártida.


Baixo as capas conxeladas o equipo descubriu un lago producido por unha greta similar a un Muíño Glaciar. Unha fractura pola que flúe a auga derretida cara ao océano. Este fenómeno sorprendeu aos investigadores xa que os muíños glaciares normalmente obsérvanse en Groenlandia e non en placas de xeo.
De acordo co seu estudo, o cambio climático está a xerar en zonas do leste un vento forte e persistente que transporta o aire quente e seco para esta zona arrastrando a neve superficial lonxe. Isto leva que as plataformas de xeo absorban máis calor do sol e orixínense puntos con temperaturas o suficientemente altas como para fundirse.

Debido a que as plataformas de xeo están a flotar no océano a súa descomposición non afecta directamente á subida do mar. A preocupación dos científicos reside nas capas de xeo terrestre. Se se derretira este xeo elevaríase o nivel do mar provocando consecuencias moi graves, segundo advirte Lhermitte.

"La Antártida dobra en tamaño o territorio de Australia e por esta razón a súa gama climática tamén ten grandes variantes: a súa temperatura é máis cálida preto dos bordos e máis fría no interior", explica Lhermitte, sen relación con esta investigación.
"Se realmente queremos entender os fenómenos climáticos na Antártida debemos investir en mellores modelos para entender os procesos e ver como evolucionase no futuro o cambio climático", advirte Lhermitte.