Desenvolven un método para producir bioplástico a través de bacterias!
Grazas á manipulación dunha bacteria depredadora coñecida como Bdellovibrio bacteriovorus, un equipo de científicas do Centro de Investigacións Biolóxicas de Madrid logrou desenvolver un sistema de produción de bioplásticos PHA (polihidroxialcanoatos), poliésteres de reserva producidos naturalmente por moitas especies de bacterias en resposta a situacións de tensións e considerados como unha alternativa aos plásticos derivados do petróleo.
Para abaratar e mellorar o proceso, o equipo de investigación escolleu a bacteria para redeseñala xeneticamente e transformala nunha ferramenta que permitise romper as membranas de cepas produtoras de bioplásticos: un proceso que facilita a extracción e purificación deste produto.
Desta maneira, o bioplástico contido en bacterias que o producen e acumulan ata nun 90% do seu peso, ata agora, era difícil de extraer. Aplicáronse deterxentes ou sistemas de disrupción para romper a célula e liberar o produto, feitos que son contaminantes, pouco eficientes e que afectan o medio ambiente encarecendo o proceso de produción.
Sen embargo a achega desta bacteria depredadora é un proceso innovador que permite obter os plásticos fabricados por outras bacterias e recuperar estes produtos intracelulares de interés industrial.
Paréceme que este avance será moi importante xa que nos permite non ter que depender do petroleo para producir este producto tan utilizado na sociedade na que vivimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario