Pensas que coñeces moito sobre as principais capas da Terra? Pois descúbreo con este pasapalabra sobre capas internas ou externas da Terra como a hidrosfera, atmosfera... Disfruta e aprende xogando!
lunes, 21 de febrero de 2022
viernes, 18 de febrero de 2022
Canto sabes da dinámica externa da Terra e do relevo?
Os axentes xeolóxicos externos son sistemas fluidos, formados por auga, xeo e aire en movemento que realizan os traballos de erosión, transporte e sedimentación a favor da diferenza de enerxía potencial existente entre os diversos lugares da Terra.
Despois de recordar o básico dos axentes xeolóxicos externos que modelan a superficie terrestre, proba esta actividade para comprobar o que sabes:
miércoles, 12 de enero de 2022
Aprende sobre o interior da Terra
O noso planeta existe dende hai miles de millóns de anos, e cambiou moito dende que se formou ata o que coñecemos hoxe en día. Grazas aos movementos das placas tectónicas, formáronse montañas, rifts, volcáns, lagos... e seguirá moito tempo máis.
domingo, 9 de mayo de 2021
A Parker Solar Probe da NASA descobre unha emisión de radio en Venus!
Durante un breve xiro por Venus, a misión Parker Solar Probe da NASA detectou un sinal de radio de orixe natural que revelou que a nave espacial había voado a través da atmosfera superior do planeta. Esta foi a primeira medición directa da atmosfera de Venus en case 30 anos.
O 11 de xullo de 2020, durante o seu terceiro sobrevoo de Venus, o xerador de imaxes WISPR de Parker Solar Probe capturou esta vista ao lado nocturno de Venus a unha distancia de 12.000 quilómetros. Fuente: https://www.nasa.gov/ |
O 11 de xullo de 2020, a Parker Solar Probe sobrevoou por terceira vez Venus. Cada sobrevoo está deseñado para aproveitar a gravidade do planeta e impulsar a nave espacial a unha órbita cada vez máis próxima ao Sol.
lunes, 3 de mayo de 2021
Tipos de rocha segundo a orixe
Bo día! Aquí tendes un educaplay para que practiquedes os tipos de rocha que hai segundo a orixe que teñen. Sorte a todos!
miércoles, 21 de abril de 2021
Relaciona ciclos bioxeoquímicos
Un ciclo bioxeoquímico é o movemento de nitróxeno, osíxeno, hidróxeno, xofre, fósforo, potasio, carbono e outros elementos entre os seres vivos e o ambiente (atmósfera, biomasa e sistemas acuáticos) mediante unha serie de procesos: produción e descomposición.
Relaciona o chan e as súas características
Denomínase chan ou terra á parte superficial da cortiza terrestre, biolóxicamente activa, que provén da desintegración ou alteración física e química das rocas e dos residuos das actividades dos seres vivos que se asintan sobre el. Son moitos os procesos que poden contribuir a crear un chan particular, algúns destes son: a deposición eólica, sedimentación nos cursos de auga, meteorización e deposición de material orgánico.
domingo, 14 de marzo de 2021
miércoles, 10 de febrero de 2021
Repasa os axentes xeolóxicos externos e a meteorización con esta infografía
domingo, 29 de noviembre de 2020
Os recursos... canta importancia!
A tendencia xeral durante os últimos anos, foi a de infravalorar os recursos naturais, pois non se tivo en conta que o malgaste e sobreexplotación destes recursos está a producir graves consecuencias para o noso Planeta, como son o cambio climático, a perda de bosques, o detrimento da diversidade en fauna e flora, a diminución dos recursos da auga. Mira a seguinte vídeo-presentación para que coñezas algo máis do tema... tamén podes escoitala se prefires!
jueves, 23 de abril de 2020
DE BIOLOXÍARepasar xogando!
Espero que o gocedes, moita sorte!
domingo, 24 de noviembre de 2019
A deriva continental!
Non deixes de velo:
viernes, 25 de enero de 2019
Actividade dos tipos de rochas
Aquí deixovos unha actividade moi sinxela para axudarvos no voso estudo. Ollo só tes un minuto e tes que identificar os nomes dos tres grupos de rochas magmáticas, igneas ou metamórficas!
Xoga e aprende!!
Tipos de rocas
jueves, 9 de marzo de 2017
Zealandia, o continente oculto da Terra?

Os investigadores suxiren unha razón xeolóxica para dividir os continentes, de forma que sexan grandes áreas identificables que atópanse sobre a codia continental. Este razoamento é o que lles leva a pensar que Zealandia, tamén debería ter a sua propia identidade. Según eles, un so ten que mirar un mapa barimétrico para apreciar a cuestión.
Non é a primeira vez que Zealandia se propón coma continente. O asunto é obxeto de debate dende fai dúas décadas, mais os autores do último traballo están convencidos da súa existencia.
Misterios da xeoloxía, que espertan inquedanzas!
viernes, 11 de noviembre de 2016
Crucigrama de repaso da Deriva Continental e a Tectónica de placas!
Crucigrama.
Sopa de letras modelo xeoquímico
modelo xeoquimico
lunes, 17 de octubre de 2016
Test do magmatismo
Sorte coa actividade e espero os vosos comentarios co resultado que obtivestes!
Magmatismo
martes, 4 de octubre de 2016
Relaciona da estructura interna da Terra.
Espero os vosos comentarios co resultado!
DINÁMICA TERRESTRE
viernes, 3 de octubre de 2014
Erupción vocánica en Xapón
O Monte Ontake onde se atopa o volcán que leva o mesmo nome, está situado na illa de Honshu a uns 100 km da cidade de Nagoya e a uns 200 km de Tokio . Conta cunha altura de 3067 m sendo o segundo máis alto do Xapón, tras o Monte Fuji, que conta cunha altura de 3776 m.
Compre salientar que o pais nipón atópase no coñecido como "Cinturón de Fuego del Pacífico" que se caracteriza pola continua actividade sísmica e volcánica.
Deixo este vídeo curto con imaxes que poden dar unha idea das dimensións da erupción: